¿Está Sergi Arola gagá?

Xa é a segunda vez que me da a risa escoitando a Sergi Arola dicir a mesma parvada: os cociñeiros galegos teñen difícil destacar por mor da enorme calidade dos nosos produtos. E todos tan panchos. A Voz de Galicia ata titula “Arola y Ana Rosa coas Rías Baixas” (o “y” non é erro meu), cando máis ben debería dicir “Arola contra Galicia”.

Levamos décadas cunha cociña baseada exclusivamente na calidade do produto, con elaboración moi sinxelas, que levaron aos de fóra a dicir que en Galicia non se cociñaba e se deixaba todo en mans da calidade da materia prima. Reclamaban entón máis traballo dos cociñeiro e agora ben este tío a dicirnos que case mellor deixar a cousa como estaba.

Aceptemos a gran calidade do produto galego. ¿E que?. ¿Non se pode facer alta cociña con grandes produtos?, ou dito doutra maneira ¿Emprega Arola produtos de media calidade para “lucirse” na cociña? ¿Que peixe ou que marisco empregan nos restaurantes madrileños, barceloneses ou vascos? ¿Non é a mesma calidade que temos aquí?, ¿cómo é posible que se diga que o mellor peixe e marisco galego vai para Madrid e despois nos veñan con parvadas dese estilo?.

¿Quen contrata e paga a Arola cada vez que ben a Galicia a soltar tal despropósito?

2 comentarios sobre “¿Está Sergi Arola gagá?

  • el 23 de diciembre de 2007 a las 11:27 11Sun, 23 Dec 2007 11:27:34 +000034.
    Permalink

    Realmente, non son unhas manifestacións nada, pero que nada afortunadas… Rin bastante levando ó extremo esa frase:…logo, os cociñeiros que máis destacan son os que peor materia prima utilizan nas súas elaboracións. E non quero pensar que iso sexa así…

    Penso que son outros os factores que fan que os restauradores galegos “non destaquen” Aínda que… ¿que é destacar?. O feito de ser un cociñeiro que sae máis nos medios de comunicación, ou teñen programas de cociña na tele…¿quere decir que son mellores cociñeiros ou que son máis coñecidos? ¿Ser coñecido e destacar polo seu traballo é o mesmo?

    Igual factores como a distancia que nos separa de Madrid ou Barcelona, e a ausencia de grandes cidades teñan máis que ver con esa falta de fama, por exemplo.

    Respuesta
  • Pingback: Colineta » Blog Archive » ¿Suben o bajan?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *