Revolto de sorpresas…

Vaia día que levo hoxe!. Aparte do traballo intenso, atopei novidades que quero compartir con todos.

Hai uns días Colineta daba en primicia a nova de que Marqués de Vizhoja sacaba ao mercado as “Gotas del Marqués”, que a día de hoxe xa tiveron reflexo nunha boa parte da prensa galega e algúns blogs feitos en Madrid.

A iniciativa sorprendeume e pareceume orixinal, á marxe de que a presentación da mesma fora, na miña opinión, algo chapuceira. Pero miren por onde, hoxe abro “VS, el magazine del vino, la gastronomía y más” que cada mes recibo con El Progreso e atopo que hai outras iniciativas semellantes tan creativas polo menos como as gotas. Unha compañía austríaca, Wenger, saca ao mercado Go Wodka, en forma de tubo como o da pasta de dentes, cousa que me fai lembrar a miña infancia cando se vendía paté no mesmo envase.

Máis orixinal se cabe son os Torres Flavours, pequenos pulverizadores que conteñen Torres 5, Torres 10 e Moscatel Oro.

Sorpresas

O día tamén tivo sorpresa. Encartado nun xornal gratuíto chega ás miñas mans o folleto elaborado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Aínda non puiden lelo e non dubido de que será un folleto ben interesante, pero a portada do mesmo é ben pobre: semella que no mundo non existen máis que lepiotas.

A segunda sorpresa, ben da man dos produtores galegos de conservas de peixe, que son inmensa maioría en España. Anuncia un cataclismo no sector se a UE elimina os aranceis que se aplican ás conservas asiáticas, de menor prezo que as galegas, e din que se menor calidade e menos controladas sanitariamente. Xustifican o seu baixo prezo na man de obra (literalmente din que un traballador galego custa o mesmo que 23 tailandeses). O curioso é a maneira de loitar contra o baixo prezo de Tailandia (primeiro produtor mundial, despois vai Galicia): anuncian un próxima subida das nosas conservas de atún nun 20 por cento, o que agrandará máis aínda a diferenza entre unhas e outras.

A terceira sorpresa do día é unha entrevista co presidente do consello regulador do queixo de Arzúa-Ulloa que publica El Correo Gallego e na que se bota en falta un mínimo labor de documentación da xornalista que vai levar a algúns lectores a pensar que agora Arzúa-Ulloa ampara algo máis que queixos. Ata hai unha foto na que se di que o presidente amosa algúns produtos da D.O. cando o que ten nas mans son uns tarros que supoño é o iogur ecolóxico que elabora na súa explotación. Se D.O., claro está. Podedes acceder á entrevista e as informacións sobre as conservas a través do meu clip en Bloglines.

Un comentario sobre “Revolto de sorpresas…

  • el 07 de noviembre de 2007 a las 21:06 09Wed, 07 Nov 2007 21:06:34 +000034.
    Permalink

    Penso que o pioneiro dese tipo de envases foi Ferrán Adriá (cómo non) que hai dous ou tres veráns inventou un tubo de ensaio con vaporizador no que se dispensaba unha coñecida bebida alcohólica (coido que era J&B) aromatizada, por exemplo cunha folla de menta. Para darlle máis caché, a cousa non estaba á venda. Só podía conseguirse en determinadas festas e só durante ese verán.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *