Obradorios de cogomelos con Héctor López e Gonzalo Rey

Héctor López e Gonzalo Rey darán a campanada de saída aos obradoiros de cociña organizados por Turismo de Santiago que se inclúen no programa “Santiago de Compostela. Repetirás”, que baseado na gastronomía se desenvolverá ata o 31 de marzo de 2008 con diversas actividades ademais dos devanditos obradoiros: excusións temáticas, menús especiais nos restaurantes adheridos á promoción…

O cociñeiro e propietario do restaurante España, de Lugo, ensinará a cociñar cogomelos a un máximo de 45 persoas o sábado 10 de novembro, mentres que Gonzalo Rey, do restaurante compostelán El Mercadito, o fará o domingo 11. Serán obradoiros de dúas horas de duración en cada caso, cun prezo por persoa de 10 euros. Pódese obter máis información no teléfono 902 190 160, sendo recomendable a reserva de plaza.

Na seguintes fins de semana os obradoiros de cociña con cogomelos serán dirixidos polos cociñeiros Pedro Roca, Jaume García, Miguel Silvarredonda e Daniel Punzoni

Doutra banda, a partir do 10 de novembro máis de 20 restaurantes composteláns adheridos ao programa ofrecerán menús especiais cociñados con cogomelos.

O programa “Santiago de Compostela. Repetirás” terá continuidade nos meses sucesivos con novos produtos, de maneira que en decembro chégalle a quenda ao polbo, en xaneiro ao marisco, en febreiro á cociña de Entroido e en marzo á lamprea, con participación dos mellores especialistas nos obradoiros de cociña que terán lugar os sábados e domingos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *