As súas gotas, señor marqués

Gotas del Marqués” é o novo produto da adega Marqués de Vizhoja, presentado onte á tardiña en Madrid, noticia que de momento non vin reflectida en ningún medio de comunicación. Presentar as cousas en Madrid ten o seu aquel: trátase dun mercado que multiplica por máis de dous ao galego, cun poder adquisitivo maior que o noso e que ademais permite un mellor acceso aos medios de comunicación estatais.

Claro que ás veces tódolos argumentos se veñen abaixo.

Primeiro aclaremos que son as “Gotas del Marqués”. Pois como o seu nome indica son iso, gotas, as gotas do café, pero envasadas de forma individual, en pequenas bolsiñas de plástico de cinco mililitros, é dicir, unha culleradiña de augardente, o xusto para quitarlle a acidez a un café.

E claro, resulta que os madrileños non son nada afeccionados ás gotas no café, e os que llas botan son de anís ou de coñá preferentemente. “¡Cómo lle gusta o carajillo á xuventude!”, dicía un amigo meu, camareiro galego en Madrid.

O mercado natural, case diría que único, das gotas de augardente no café está en Galicia. Supoño que haberá unha presentación en Galicia, pero vaian estas liñas como adianto.

Polo momento non tiven acceso físico ao produto, nin fotografías do mesmo, nin sei a que prezo se vai comercializar, é dicir, sei ben pouco sobre tales gotas, pero sospeito que nalgúns casos van servir para encarecer o café con gotas… no caso de que o produto chegue a facerse un sitio no mercado.

4 comentarios sobre “As súas gotas, señor marqués

  • el 27 de octubre de 2007 a las 22:47 10Sat, 27 Oct 2007 22:47:24 +000024.
    Permalink

    o que esta adega intenta o facer a presentacion en madrid e que os de fora de galiza que non toman gotas de augardente como ben dis e intentar cambiarlles os costumes, e como amigo da adega podoche decir que levan o nome de galiza por todo o mundo de feito todas as presentacions ata agora foron en galiza

    Respuesta
  • el 28 de octubre de 2007 a las 12:25 12Sun, 28 Oct 2007 12:25:36 +000036.
    Permalink

    Xamáis dudei da galeguidade da adega, pero se o que pretenden e cambiar os costumes dos madrileños cunha simple presentación de produto, creo que xa poden empezar a pensar ou ben en abandonar esa produción ou ben en buscarlle outros mercados. Unha simple presentación non serve de nada, como o demostra a de “Gotas del Marqués”. ¿Alguén a viu publicada nalgún medio de comunicación, galego ou madrileño, que non fora Colineta?

    Respuesta
  • el 30 de octubre de 2007 a las 08:06 08Tue, 30 Oct 2007 08:06:35 +000035.
    Permalink

    Sin imaginación es como el mundo se estanca, démosle una oportunidad a un nuevo producto que no ha hecho sino asomar la cabeza. Todos parecemos my gallegos a la hora de hablar, pero luego a la hora de la verdad ni nosotros mismo apoyamos nuestros productos. ¿Qué nos importan las costumbres de Madrid? Pues nosotros ni somos de alli ni queremos serlo y deberíamos demostrarlo consumiedo nuestros productos. O por lo menos, probándolos y luego si no nos gustan no consumiéndolos, pero en cualquier caso no cerrándonos a las nuevas posibilidades, pues eso no demostraría más que nuestra ignorancia.
    En cuanto ha si se ha llevado a cabo una presentación en Galicia, asi ha sido, aunque parece que hay determinadas zonas de España que para algunos no tienen la misma importancia, puesto que no hubo noticias de ello en prensa. No contribuyamos nosotros a ello boicoteando nuestros propios productos!

    Respuesta
  • el 30 de octubre de 2007 a las 09:02 09Tue, 30 Oct 2007 09:02:33 +000033.
    Permalink

    Izas: Pensar que dende Colineta estou a boicotear as “Gotas do Marqués” é certamente unha interpretación ben rara do asunto, especialmente se temos en conta que fun o primeiro en publicar a noticia, que hoxe aparece tamén na última páxina de El Correo Gallego.
    Criticar as cousas mal feitas non é boicotear os nosos produtos, que dende hai anos están sempre presentes no meu traballo, sexa en Colineta, na prensa, na radio, na televisión ou alí onde traballo. Tamén colaboro en revista madrileñas escribindo sobre produtos galegos exclusivamente.
    Indica Izas que tamén se fixo unha presentación en Galicia e non tivo ningún eco. Unha proba máis de que están a facer mal as cousas. Non lle boten a culpa aos xornais, radios ou televisións. Eu escribo tódalas semanas de gastronomía en El Progreso de Lugo, en Colineta, ata hai un mes en Galicia Gastronómica, dentro de dúas semanas comezo de novo Arroz con Chícharos na Cadena Ser… e non recibín aínda nin unha soa liña sobre “Gotas del Marqués”, malia o cal me ocupei do asunto.
    O día 25, cando publiquei este post, nin a web de Marqués de Vizhoja facía referencia ao produto, que hoxe si, xa está en portada: http://www.marquesdevizhoja.com
    Un vello amigo meu dicía: “Non me digas o ben que o faigo que xa o sei, dime onde o faigo mal para mellorar”. Todos deberíamos aplicarnos o conto.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *