Santiago de Compostela, Repetirás

Cogomelos, polbo, marisco e algas, cociña de Entroido e lamprea serán os eixos temáticos dos próximos cinco meses da campaña de desestacionalización turística de Santiago de Compostela, baixo o lema “Santiago de Compostela, repetirás”.

De novembro a marzo un máximo de 30 restaurantes composteláns ofrecerán menús temáticos sobre os cinco produtos indicados a razón de un por mes: os cogomelos en novembro, o polbo en decembro, os mariscos e as algas en xaneiro, a cociña de Entroido en febreiro e a lamprea en marzo.

Paralelamente nas fins de semana dos cinco meses haberá diversas actividades relacionadas con cada un dos produtos: talleres de cociña a cargo de cociñeiros galegos de primeira fila, excursións a zonas de produción do protagonista do mes, exposicións… que estarán abertas tanto ao público compostelán como ao procedente do resto de Galicia e de España, xa que hai ofertas especiais nunha trintena de hoteis, así como paquetes de voo máis hotel.

5 comentarios sobre “Santiago de Compostela, Repetirás

  • el 23 de octubre de 2007 a las 11:42 11Tue, 23 Oct 2007 11:42:25 +000025.
    Permalink

    A idea parece boa, pero… ¿marzo non é xa tarde para a lamprea?

    Por certo, gústame o novo deseño de Colineta.

    Respuesta
  • el 23 de octubre de 2007 a las 16:39 04Tue, 23 Oct 2007 16:39:13 +000013.
    Permalink

    En Xaneiro a come o clero
    En Febreiro o cabaleiro
    En Marzo o funcionario
    En Abril, o pobo vil

    Respuesta
  • el 23 de octubre de 2007 a las 17:25 05Tue, 23 Oct 2007 17:25:22 +000022.
    Permalink

    Dito popular sobre a lamprea (á que supoño se refire makeijan:

    En marzo para o amo
    en abril para o criado

    A tempada de pesca da lamprea en Galicia vai dende principios de xaneiro ata finais de abril. Comenza antes no Ulla e remata tarde noa zona de Arbo.

    Respuesta
  • el 23 de octubre de 2007 a las 22:26 10Tue, 23 Oct 2007 22:26:37 +000037.
    Permalink

    En Arbo din sobre a lamprea:
    En Abril para min e en maio para o criado.

    Respuesta
  • el 23 de octubre de 2007 a las 23:23 11Tue, 23 Oct 2007 23:23:44 +000044.
    Permalink

    hola :

    Interesante, no estaba al corriente de dicho evento, pero opino que la lamprea en abril está algo fuera de fecha. No se si en zonas gallegas la cosa cambia.
    por donde yo vivo y por los sitios que conozco la recolectan algo antes.

    aun así gracias por la información

    saludos

    elena

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *