Teoría sobre a orixe das tapas

Esta é a portada do libro publicado polo concello de Ribadeo coas 39 receitas das tapas que participaron na segunda edición de “Ribadeo de Tapeo”.Eo que segue é o texto que eu publico en dito libro.

“Sobre a orixe das tapas circula unha curiosa historia que atribúe a súa creación a un taberneiro andaluz que, preocupado porque os vasos de viño se enchían de po comezou a servilos cunha lasca de xamón derriba.

Unha historia que non resiste o máis mínimo análise. Pensemos. Se o problema é que o po caía no viño sería porque na taberna había moito, moitísimo po. E so podía deberse a unha cousa: a falta total de limpeza no local. ¿E se ao taberneiro non lle preocupaba a limpeza do local qué demo lle ía preocupar a do viño?. Aparte de que sería máis fácil facer tapas de barro, recuperables, para os vasos ou cuncas, no canto de regalar xamón, que nunca foi barato. Descartada, pois, por absurda esta popular teoría sobre o invento das tapas ¿cal sería a súa orixe?.

Hai que indagar nos usos e costumes de séculos pasados sobre o consumo de viño para chegar a formular unha teoría mais crible que a anterior. Durante séculos, o consumo de viño era moi alto alí onde o había, xa que se inxería como alimento enerxético e, ademais, considerábase máis san que a auga, que adoitaba ter altos niveis de contaminación por materias fecais derivadas das filtracións dende pozos negros, cortes e balsas de xurros.

Bebíanse preferentemente viños de baixa gradación, ou mesturados con auga para rebaixalos, o que permitía consumos importantes sen os indesexables efectos da embriaguez. Pero os médicos, inda que durante moito tempo recomendaron o consumo de viño, pensaban que os efectos positivos da súa inxestión coas comidas podían transformarse en francamente negativos cando se tomaba fóra das comidas.

Así que, segundo indica o catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Xavier castro, no seu último libro (“A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares”), cando o viño se bebía fóra das comidas adoitaba acompañarse con pequenas cantidades de alimentos.

Ao mellor aí está a orixe das tapas. Ao mellor.”

Un comentario sobre “Teoría sobre a orixe das tapas

  • el 09 de octubre de 2007 a las 18:41 06Tue, 09 Oct 2007 18:41:06 +000006.
    Permalink

    Habia escuchado lo de cubrir los vasos,pero por las moscas.Lo del polvo es nuevo para mi. Creo mas en la teoria de Xavier Castro.
    Aun cuando un guia de Santiago lo atribuye a la enfermedad de Alfonso XIII que debia comer pequeñas raciones por orden médica y su cocinero “ideó” las tapas o que se debe a las tapas de las cacerolas que se llevaban al campo.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *