Etiquetas e bandeiras

Sempre me chamou a atención a etiqueta do Paternina Banda Azul, no que aparece claramente representada a bandeira galega, que circulou libremente nas etiquetas do viño incluso durante o franquismo.

E hai pouco lin o que, supoño, é a explicación desta “coincidencia”, que parece non ser tal. Din que é a homenaxe de Paternina aos canteiros galegos que, polo visto, construíron as adegas da firma rioxana.

Máis curioso é o caso deste “Vino gallego” de marca Merino. Na etiqueta pódese ler que se trata de “vino de frutas” feito en Cuba, de cor artificial e un grado alcólico de 12 a 13.

3 comentarios sobre “Etiquetas e bandeiras

  • el 13 de agosto de 2007 a las 21:01 09Mon, 13 Aug 2007 21:01:07 +000007.
    Permalink

    O verdadeiramente curioso houbera sido que proibiran a botella de Paternina banda azul por ser presuntamente semellante á bandeira galega.
    Homenaxe de Don Federico aos canteiros? veña, ho….

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 23:25 11Mon, 13 Aug 2007 23:25:15 +000015.
    Permalink

    Eu transcribo o que lin sobre a homenaxe aos canteiros. Pode ser certo ou non e estou aberto a escoitar outras explicacións.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *