Coitelos de aceiro-carbono

Din que os mellores coitelos do mundo son os xaponeses, que tradicionalmente empregaron o aceiro-carbono para forxalos.

Eu non teño coitelos xaponeses, senón galegos e asturianos e unha navalla extremeña, pero todos son de aceiro carbono: verdadeiras coitelas de afeitar cando están en perfectas condicións, que non é sempre, teño que confesalo.

Aquí volos presento. Os marcados do 1 ao 3 son as últimas adquisicións, aínda con moi pouco uso. O primeiro e o quinto foron feitos polos ferreiros de A Pontenova (Lugo), o 2, 3 e 6 proceden de Taramundi (Asturias) e o 4 é de Santa Comba, no concello de Lugo.

Despois está a navalla (7) que levo sempre cando vou de comida campeira. Foi fabricada en Don Benito (Badaxoz).

Finalmente, o número 8 é de orixe indeterminado e xa non ten uso. Pertenceu a mes avós e foi abandonado hai arredor de cincuenta anos na casa vella da Lavandeira, de onde eu o recuperei. É a mostra do que pode durar un deste coitelos, pero tamén do enorme desgaste que sofren.

7 comentarios sobre “Coitelos de aceiro-carbono

  • el 28 de abril de 2007 a las 18:20 06Sat, 28 Apr 2007 18:20:25 +000025.
    Permalink

    Nos tamén temos os números dous e tres.

    Respuesta
  • el 10 de mayo de 2007 a las 10:38 10Thu, 10 May 2007 10:38:56 +000056.
    Permalink

    Nos coitelos o tema está claro, o fundamental é afialos antes de traballar con eles.

    Lémbro un programa de canal cocina non que saía un famoso cociñeiro cun non menos coñecido restaurante xaponés en Madrid, que cando o vías cortar o peixe quedabas parvo. Comentaba que todos os días antes de traballar afiaba os seus coitelos (penso que era cunha pedra de afiar) e antes de cortar calquer cachiño dáballe unha pasada coa chaira.

    Por certo, eu teño unha taboa moi semellante á túa… encántame. 😉

    Respuesta
  • el 10 de mayo de 2007 a las 10:45 10Thu, 10 May 2007 10:45:55 +000055.
    Permalink

    A táboa é de Ikea. Leva un montón de anos na casa, pode que sete, e vai estupendamente.

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 20:53 08Mon, 13 Aug 2007 20:53:42 +000042.
    Permalink

    Moi bonitos os coitelos, pero o de aceiro – carbono ven sendo unha redundancia: o aceiro é unha aleación de ferro (Fe) e carbono (C), sempre é en todo caso. Eu supoño que vostede está a referirse ao aceiro común, isto é, o que non leva ningún outro compoñente.
    Particularmente penso que existen aceiros moitisimo mellores para coitelería, pero para gostos….
    En canto á táboa, eu teño outra coma isa e comba…

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 23:29 11Mon, 13 Aug 2007 23:29:36 +000036.
    Permalink

    Certo que o de aceiro-carbono é unha redundancia, pero é a terminoloxía que empregan os fabricantes dos mesmos e non me considero con argumentos abondo para corrixilos. Para iso están outros. Respecto da táboa, ten uns catro centímetros de gordo e leva na casa uns sete anos e aínda non combou. Ao mellor non son iguais, senón parecidas.

    Respuesta
  • el 14 de agosto de 2007 a las 01:32 01Tue, 14 Aug 2007 01:32:37 +000037.
    Permalink

    Ou será que Ikea xa non é o que era, agora que está ao alcance de todos os mortais. (a miña tamén ven medindo máis ou menos o mesmo)

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *