De libros

O amigo Makeijan tenta picarme falando de libros e consigue que eu traia aquí este libro integrante da Gran Biblioteca Temática de Galicia, publicada a comezos de ano por La Voz de Galicia e integrada por quince volumes nos que, de forma lixeira, se nos explican os usos es costumes galegos dun pasado recente, con algunhas referencias, poucas, á situación actual.

Poucas veces merco estes coleccionables dos xornais, pero neste caso había algúns tomos que me interesaban, así que me fixen con quince. Acabo de rematar o dedicado a “Xantares, enchentas e larpeiradas. La cultura gastronómica de la mesa gallega” (título esquizofrénico, en galego ata o punto e seguido e despois en castelán) e atopo a sorpresa de que o meu nome está citado nalgunhas páxinas.

Pero a gran sorpresa chega na derradeira que di” Para saber más…” e alí volvo estar, rodeado nin máis nin menos que por Jorge Víctor Sueiro, Fina Casalderrey, Mariano García e Cristino Álvarez (Caius Apicius).

Engordei outro quilo. E un cuarto máis cando volvo atoparme no tomo dedicado a “Canteiros, oleiros e afiadores” grazas ao primeiro libro que publiquei: “Olería tradicional en Galicia”.

2 comentarios sobre “De libros

  • el 30 de marzo de 2007 a las 18:26 06Fri, 30 Mar 2007 18:26:37 +000037.
    Permalink

    Alédome da túa sorpresa, Miguel. Supoño que gostosa. É un honor. Son lector cotiá do teu blog, dos teus libros e, ademáis, culpable dos textos deste libro de gastronomía. Ainda que poidan doerme, gostaríame coñecer a túa/vosa opinión sobre a obra. Acéptanse as críticas.

    Respuesta
  • el 30 de marzo de 2007 a las 18:43 06Fri, 30 Mar 2007 18:43:01 +000001.
    Permalink

    As críticas, fundadas e ben intencionadas, son o mellor que nos poden facer. Sirven para poñer os pes na terra e para mellorar os traballos futuros. Hai moitos anos o organizador dunha feira pideunos a un grupo de xornalistas que lle dixéramos que nos parecía a cousa coas seguintes palabras, máis ou menos: “Non me digades o ben que o faigo, que xa sei que son o mellor. Decídeme onde fallo para mellorar”.
    Prometo dicir o que me parece o teu libro, pero despois de volvelo a ler, con máis calma, con máis “espítitu crítico”.
    Eso si, aparecer nas bibliografías de obras alleas, ademais de engordar o meu ego, faime sentir algo máis vello, a min que sigo co mesmo espíritu que cando tiña 18 (¿cando foi eso?).

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *