A historia dos Blogastrónomos e a gran xantanza en Cas Solla

Cantar de cego (ou dun que se puxo cego)

Miren señores que historia
dunha comida en cas Solla
onde deron lumbrigante
e vieira “con cebolla”

Foi no concello de Poio,
provincia de Pontevedra,
onde todos nos xuntamos
a comer unha costela

Primeiro os aperitivos,
empanada e berberechos
que non cheguei a probar
tal a paparon os bechos

Tiven, eso si, a proba
do chupito de cabaza
que xunto cun bo albariño
me soubo a groria pura

Despois unha gamba ao allliño
e unha ostra escabechada
e unas setas insulsas
que non me dixeron nada

Chegamos ao “moderno”
con vieira encebolada
lumbrigante, pan e ovo
que nos encheu a papada.

Despois o peixe con grelos
e co caldo do cocido
mais houbo que preguntar
¿o pámpano de onde é vido?

E houbo churrasco de luxo,
¡que luxo de churrasco!
Que ricos os tirabeques,
como, como e non rasco.

Chegamos aos doces,
amorodos, torta de mazá,
e a nocilla do Solla,
si que mola cantidá.

Cando xa ninguén podía máis
chegan milfollas, merengues
craquelin, froitas e tofes
¡Traianme un taperguar!

A copla está inspirada nunha vella canción de Miro Casabella (non sei quen foi o letrista) dedicada a Castrelo de Miño (Ourense) que moito se cantou nos tempos da loita antifranquista e que comenzaba así:

Miren señores que historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

2 comentarios sobre “A historia dos Blogastrónomos e a gran xantanza en Cas Solla

  • el 13 de febrero de 2007 a las 19:56 07Tue, 13 Feb 2007 19:56:21 +000021.
    Permalink

    Fantástico!!!!
    Esta si que es la cereza de la copa, eh.Yo creo que a Pepe le mandamos tu cantar como agradecimiento y quedamos como dios.

    Respuesta
  • el 15 de febrero de 2007 a las 12:29 12Thu, 15 Feb 2007 12:29:13 +000013.
    Permalink

    Qué imaxinación! Moito mellor co meu troncho.

    Noraboa… Agora a polo nº1 😉

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *