Aceite de oliva Gata-Hurdes

Hai dous ou tres meses agasalláronme cunha botelliña de aceite de oliva da denominación de orixe Gata-Hurdes, en Estremadura, elaborado con olivas da variedade manzanilla cacereña. Non ten marca comercial porque procede directamente do consello regulador da D.O.

O aceite durmiu unha tempada na miña cociña ata que decidín abrilo e probalo mollando pan nel, que é a mellor maneira que coñezo de probar un aceite.

¡Que desperdicio deixar pasar o tempo sen probalo!. Un aceite delicioso que, unha vez máis, confirma o que sempre digo: en Estremadura cómese e bébese de medo.

O aceite de Gata-Hurdes é suave, pouco acedo e deliciosamente afroitado: sabe a amoras de maneira tan intensa que pecha un os ollos e non sabe se está na cociña cun anaco de pan con aceite na boca ou ao pe dunha silveira degustando os seus froitos.

A botelliña so é de un cuarto de litro, polo que teño que ir mirando se o atopo á venda en Galicia para repoñelo cando se acabe.

2 comentarios sobre “Aceite de oliva Gata-Hurdes

  • el 28 de enero de 2007 a las 12:48 12Sun, 28 Jan 2007 12:48:16 +000016.
    Permalink

    o pan tamén ten una pinta boísima

    Respuesta
  • el 29 de enero de 2007 a las 19:44 07Mon, 29 Jan 2007 19:44:38 +000038.
    Permalink

    Trátase dun “pan de picos”, que eu merco en Carrefour fundamentalmente, onde o venden como “pan de picos andaluz” (na próxima compra mirarei se ven algún dato do fabricante). Ás veces tamén o hai en Froiz. Inda que agora non é habitual, o pan de picos foi unha das especialidades das tafonas galegas noutro tempo. É delicioso, un deses pans de miolo compacto pero mol e coda abundante.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *