Máis café… sen tapas ou onde non entrar

O cartel guindado na praza de abastos de Santiago de Compostela promete. Pero quédase en mera promesa. Unha mañá de praza, fresca e algo chuviosa, a calquera se lle antolla un bo café para mollar uns churriños.

Tal me aconteceu a min hai poucos días, e aí me levan os pes á churrería da praza. O café estaba ben e del non me queixo, pero os churros eran un desatino total: ben fritos por fóra pero crus por dentro (¿conxelados?), absolutamente irregulares (un dos tres churros duplicaba o tamaño de calquera dos outros dous) e ademáis estaban absolutamente fríos. Eran as dez e media da maña. En calquera bar un espera que a esa hora os churros estean como mínimo mornos, pero non fríos como se acabarán de saír da neveira. Nunha churrería débese esperar que os churros esteñan quentes ou ata acabados de facer.

Non me volven a ver por Churromanía.

3 comentarios sobre “Máis café… sen tapas ou onde non entrar

  • el 18 de enero de 2007 a las 09:25 09Thu, 18 Jan 2007 09:25:41 +000041.
    Permalink

    Tes toda a razón do mundo: xa non hai onde atopar uns bos churros pola mañán. Alomenos, eu tampouco sei onde; e iso que perto do meu traballo hai bares onde os poñen co café, pero…

    Respuesta
  • el 29 de enero de 2007 a las 22:26 10Mon, 29 Jan 2007 22:26:17 +000017.
    Permalink

    Para facer honor a verdade hei de dicir que moi cerca de onde tiveches tan desafortunado encontro con chu…rros, atópase un café antiguo me parece que se chama España. Alí serven os churros recén feitos nunha inmensa tixola que os clientes poden ver dende as mesas. É mesmo enfrente das tendas de roupa que cerran o mercado, a súa beira está unha vendedora de pan simpatiquísima que ademáis ten un pan de primeira calidade. Vamos, que non todos os churros son malos en Compostela. Probade.

    Respuesta
  • el 02 de marzo de 2007 a las 12:50 12Fri, 02 Mar 2007 12:50:58 +000058.
    Permalink

    Home pra churros churros auténticos e con historia a Churrería Compostela e Galeras, que polos anos 50 estaba no franco. Os mellores que probei sen dúbida.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *