Xantaza de Blogogastrónomos. Parte II

A segunda Xantaza de Blogogastrónomos xa foi convocada oficialmente por parte de Gourmet, o Gran Maestre da Orde, e procédese nestes días ás votacións e admisión de novos membros no clube.

E falamos moito agora do ben que resultou a primeira xantanza, tanto para os asistentes, que comimos estupendamente ben no restaurante Yayo Daporta, de Cambados, como para o cociñeiro. Non son palabras sen fundamento, e como proba aí van uns datos.

Nos días anteriores á primeira xantanza se un buscaba “Yayo Daporta” en Google saían a páxina do propio restaurante en primeiro lugar e a crítica de José Carlos Capel en El País en segundo. Despois pouca cousa máis.

Hoxe (13 de xaneiro, sete da tarde) a busca da frase exacta “Yayo Daporta” devolve 639 resultados, dos que o primeiro segue a ser a páxina do propio restaurante. Pero a crítica de Capel vese relegada ao posto 25 e polo medio cólanse tódolos blogogastrónomos. Non sei cal é o criterio de Google para ordear os resultados nin se iso é significativo ou non.

Nas cinco primeiras páxinas de resultados hay 25 correspondentes ás páxinas dos blogogastrónomos ou doutras que informan sobre a xantanza, fronte a 14 resultados que non teñen nada que ver coa xantanza, entre elas a páxina do restaurante e a crítica de Capel.

Na páxina cinco cansei de contar e parei. Entre as páxinas 6 e 67 (a última) seguen aparecendo os blogogastrónomos continuamente. Penso que non hai unha soa páxina de resultados na que non apareza polo menos un.

O resultado, como dicía ao comezo, foi espléndido para todos. Agardemos que a segunda sexa aínda mellor.

4 comentarios sobre “Xantaza de Blogogastrónomos. Parte II

  • el 13 de enero de 2007 a las 21:58 09Sat, 13 Jan 2007 21:58:22 +000022.
    Permalink

    Estás insinuando que o cociñeiro da segunda debería ser máis, ehem, xeneroso na minuta desta vez? A min paréceme ben, que a publicidade que lles facedes non é ningunha coña.

    Respuesta
  • el 14 de enero de 2007 a las 08:54 08Sun, 14 Jan 2007 08:54:18 +000018.
    Permalink

    O cociñeiro foi moi xeneroso. Prometeu un menú especial e serviunos un espléndido menú. Nos post de todos os blogogastrónomos quedou ben reflectido.

    Respuesta
  • el 14 de enero de 2007 a las 20:37 08Sun, 14 Jan 2007 20:37:42 +000042.
    Permalink

    Orsinia, máis ben penso (corrixeme se me equivoco, Miguel), que repercusión da blogoxantanza é maior do que puidera parecer a simple vista, porque alguén que busque referencias por internet, atopará do orde da decena de críticas distintas dun restaurante que antes apenas estaba presente neste medio, por unha páxina propia.

    Respuesta
  • el 14 de enero de 2007 a las 20:53 08Sun, 14 Jan 2007 20:53:27 +000027.
    Permalink

    Penso que o da blogoxantanza é un pouco o reflexo do que pasa cos blogs en xeral, que estamos a aportar unha información moi difícil de atopar noutro lado.

    Respecto ó caso da I Xantanza, coido que todos saímos beneficiados: o restaurante entendeu a nosa proposta e aceptou entrar no xogo e nos respostamos da única forma que podíamos, que é xerando esa publicidade.

    Non sei noutros casos, pero no meu blog a entrada referente a esa xantanza foi durante semanas das máis visitadas e aínda hoxe seguen a entrar xente directamente aí. Coido que é significativo.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *