Café con tapa

A tradición dos pinchos e tapas para acompañar ao viño, cervexa e similares nas horas anteriores á comida e á cea ven de vello e constitúe toda unha institución en cidades como Lugo, pero ningún lugar de Galicia é alleo a este costume.

Dun tempo a esta parte, o costume das tapas estase estendendo tamén aos cafés. Lembro o sorprendente que resultaba en Compostela a finais de 1994, cando eu cheguei á cidade, que xunto con café serviran, de balde, unha galleta ou un pasteliño. O primeiro lugar onde atopei este costume foi en Área Central, nun bar chamado Kassem, onde por entón poñían un mini cruasán ou unha mini palmeira de follado, segundo do día ou o humor do propio Kassem, simpático coma poucos con quen lle caía ben e antipático coma ninguén cos que non lle entraban polo ollo. Pasaron arredor de 12 anos e os fillos e viúva de Kassem seguen a poñer os mesmo mini cruasáns, pero as palmeiras desapareceron hai moitos anos.

Hoxe case non queda un bar ou cafetería en Galicia que non poña polo menos unha pequena galleta co café. Pero a cousa parecer que vai a maiores.

Vexan se non a foto onde se pode ver o café que tomei esta semana nun café da rúa da Senra de Santiago de Compostela que se chama como a rúa mesma. Por un euro un café de moi boa calidade acompañado dunha mini caracola e un mini montado de lombo curado. Se un día atopo o lugar onde co café poñan un mini pincho de tortilla, alí me quedo a vivir. Nos meus moitos anos de exilio madrileño aprendín que poucos almorzos mellores hai que un bo café con leite (en Madrid é malo o café e o leite non é mellor), cun pincho de tortilla e un anaco de pan quentiño. Almorzo de funcionario, lle chaman na capital do estado. Os funcionarios galegos almorzan doutra maneira, que lamentablemente nos bares galegos fanse poucas tortillas e menos nas horas do almorzo.

E mentres agardo o mini pincho de tortilla para fixar a miña residencia temporal, lembro unha pequena pastelería-bar do barrio vigués do Calvario, onde cun excelente café con leite e un anaquiño de pastel de produción propia, sempre poñen un chupito de zume de laranxas recién espremidas.

14 comentarios sobre “Café con tapa

  • el 09 de enero de 2007 a las 09:09 09Tue, 09 Jan 2007 09:09:49 +000049.
    Permalink

    Na cafetería Marte, fronte á comisaría (moi preto da Senra), poñen ás veces ata as tres cousas: doce, pincho de embutido e tortilla, pero polo menos dous deles nunca fallan. A tortilla máis ben a partir das 11 da mañá, é a mellor hora para ir porque está recén feita, aínda que como fan tantas ao longo do día (adoita ter moita xente) fría de todo nunca a atopas. Fágalle unha visita e logo cóntenos. 🙂

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 10:39 10Tue, 09 Jan 2007 10:39:01 +000001.
    Permalink

    Eu lembro dos meus anos de estudante de Salamanca, cando tomaba o café da mañán cun pincho de calquera cousa: tortilla, montadiño de lombo… Penso que a miña maior excentricidade foi a de xuntar o café con leite cun pincho de paella recén feita.

    En Pontevedra tamén hai un sitio, a cafetería Sonata da Avda. de Vigo, onde xunto co café e algo doce poñen un “chupito” de zume de laranza recén exprimido; aínda que hai algún local máis onde poñen o zume, pero de bote.

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 12:23 12Tue, 09 Jan 2007 12:23:52 +000052.
    Permalink

    E ben pensado non é moito pedir, porque o día que moitos cafeteiros saiban o que custa facer un café, vanse alporexar moito.

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 13:49 01Tue, 09 Jan 2007 13:49:06 +000006.
    Permalink

    O teu sitio é o Marte. A tortilla case nunca falla, os sobaos ou madalenas tampouco e, ás veces, mesmo costela adobada ou pollo ó ajillo.

    Iso si, hai tempo que non vou, así que non sei se seguen nesa liña.

    Por certo, dentro deste tipo de pinchos co café o pan con anchoa e sardiña que me puxeron en Cariño este verán pareceume do máis chocante, cando menos con esa bebida.

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 13:50 01Tue, 09 Jan 2007 13:50:00 +000000.
    Permalink

    O do zume de laranxa que comenta moraiminha tamén o fan no Conga compostelán. Por un euro café, chupito de zume natural e mini croissant.

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 15:18 03Tue, 09 Jan 2007 15:18:45 +000045.
    Permalink

    Gracias, Orsinia, pola recomendación do Marte. Xa está feita a foto e o comentario mañá.
    Respecto de cousas raras, Moraiminha e Gourmet, penso que eu teño a máis curiosa, que ven dos meus anos de universitario en Madrid. Tiña unha compañeira de clase e amiga que tódolos días almorzaba un sandwich de xamón que mollaba no café. Era de aqueles sandwiches prefabricados que co pan e o xamón traían un algo de cor entre branca e amarela sobre o que había discusións de se era maionesa ou manteiga. Seguramente non era ningunha das dúas cousas. O caso é que, despois de escoitala repetidas veces falar das excelencias do bocado, animeime a probar. Dende entón se almorzaba na facultade era sempre o meso: o medio sandwich prefabricado mollado no café con leite. Riquísimo.

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 19:07 07Tue, 09 Jan 2007 19:07:13 +000013.
    Permalink

    Pois si, gañas ti… A min nunca me deu por mollar a paella no café. Dame que o resultado non había de ser de todo satisfactorio…

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 20:46 08Tue, 09 Jan 2007 20:46:07 +000007.
    Permalink

    O que ía dicir xa o dixo orsinia… 🙂

    Respuesta
  • el 09 de enero de 2007 a las 20:59 08Tue, 09 Jan 2007 20:59:22 +000022.
    Permalink

    Ah, e ao café con tortilla eu sempre lle chamei almorzo coruñés, pois é nesa cidade onde vin facelo por primeira vez… e namorei. 🙂

    Respuesta
  • el 10 de enero de 2007 a las 17:13 05Wed, 10 Jan 2007 17:13:00 +000000.
    Permalink

    Eu son de Salamanca e non vexades a cara de noxo que poñían os meus amigos de Santiago cando decía que o almorzo típico era o café con tortilla ou con unhas boas patacas meneás.Dicianme: café con tortilla??? puaghhh!!!. E menos mal que non lles contaba os almorzos a media mañá dos meus avós cando traballaban no campo, café de puchero, augardente e touciño con pan. Agora vexo como expórtanse as boas costumes. 😀
    Un saúdo

    Respuesta
  • el 10 de enero de 2007 a las 17:30 05Wed, 10 Jan 2007 17:30:10 +000010.
    Permalink

    Ah! e non é tan descabellado misturar café con unha tapa salgada. Creo que era Sergi Arola quen tiña nun libro unha receita de café con leite e patacas chip.

    Respuesta
  • el 11 de enero de 2007 a las 16:56 04Thu, 11 Jan 2007 16:56:37 +000037.
    Permalink

    Saindome un pouco do guión das tapas, e falando só de mezclas raras, eu teño un primo segundo que nos finales dos anos sesenta en Madrid, comia bocadillos de salchichón con mel. Mandabanlle as duas cousas da casa, e coma o mel non lle sabía, mezclabao co salchichón pa poder comelo.
    Por suposto eu non cheguei a probalo, paro ainda tou a tempo…

    Respuesta
  • el 28 de febrero de 2007 a las 21:02 09Wed, 28 Feb 2007 21:02:26 +000026.
    Permalink

    Eu xa vin unha cousa mais rara eran as 12 da maña e un taxista de santiago entrou na cafeteria tokio eu estaba a desaiunar cando vexo que lle poñen de tapa empanada eso xa me pareceu forte pero peor foi ver como mollaba a empanada no cafe e despois tomaba o cafe co aceite e os trozos de cebola que caeran dela foi asqueroso

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *