“Chayotes” en Compostela

Dende hai uns meses, cada semana paso pola praza de abastos de Santiago e sempre atopo algunha sorpresa. A de onte foron estes chayotes ou papa do ar que vendía unha desas mulleres que cada xoves levan ata a praza as súas cestas de verdura, ovos, polos, coellos, etc.

Non puiden saber moito sobre esta verdura, xa que a boa da muller estaba máis interesada en saber de min, do meu traballo e de porque facía fotos, que en contestar ás miñas preguntas. Quedoume claro, eso sí, que eran cultivados na zona de Compostela pola súa filla ou nora, e que se lles pode dar o mesmo emprego que a calquera pataca.

Parece que estas papas do ar (chámanse así porque se cultivan en emparrado) proceden de centroamérica e son parentes de cogombos e calabacíns. Eu merquei tres (un quilo), que me costaron un euro e que aínda non cociñei, polo que xa darei máis detalles.

En internet hai moita información sobre os chayotes, así que deixo un enlace coa primeira páxina que atopei, que ademáis contén moi interesante información.

Para rematar deixo tamén aquí este autoretrato con peixes, froito da visita de onte á nave dos produtos do mar.

3 comentarios sobre ““Chayotes” en Compostela

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *