Shouri, cociña xaponesa na Coruña

Como prometín nun post anterior, hoxe tócalle a quenda ao xaponés do centro comercial do porto da Coruña.

A meirande parte dos restaurantes exóticos que temos en Galicia non están dotados de toda a profesionalidade que sería desexable nos mesmos… nin do investimento preciso. Moitas veces instálanse nos locais que antes ocuparon bares ou cafeterías, mantendo a súa estrutura, que os fai pouco acolledores. Non é este o caso do Shouri, que ocupa un amplo local na parte alta do cento de ocio, con amplos ventanais con vistas ao porto da Coruña, inda que a paisaxe mariñeira o día que eu o visitei consistía exclusivamente en dous remolcadores.

Direi por adiantado que a visita ao Shouri foi improvisada e con algo de presa. Por motivos de traballo a hora de comida colleume na zona portuaria coruñesa e lembrei o xaponés que levaba tempo querendo visitar. E aproveitei a ocasión.

Unha ollada á carta da entrada permitiume comprobar como, de luns a venres, o restaurante ofrece un menú da casa que me pareceu interesante e, como levaba presa, decidinme por él.

Mentres agardaba pola comida, observei o local, amplo, con zonas separadas por cristaleiras, con moita luz natural, mesas amplas, ben vestidas e montadas con pauciños, garfo e coitelo, de maneira que cadaquén empregue o que lle pete… ou o que saiba manexar.

O primeiro prato chegou rapidamente á mesa: sushi (niguiri e maki) e dous anacos de salmón a modo de sashimi. Acostumado ás escasas racións doutros xaponeses, sorprendeume a abundancia deste primeiro, ao que unicamente se lle pode reprochar o excesivo protagonismo do salmón, pero no podemos esquecer que se trataba dun menú do día de prezo máis reducido que os da carta. O salmón crú do sashimi estaba excesivamente frío.

O arroz, no seu punto, tiña máis protagonismo no niguiri que no maki, xa que os roliños levaban máis peixe que arroz.

O segundo prato, servido na típica caixa de madeira lacada, era como a comida diaria de tantos xaponeses: yakisoba (fideos con verduras e carne), tempura, pinchos de polo yakitori, solombo de porco con mel e algas verdes con sésamo. Unha ración que, sumada ao primeiro prato, non todo o mundo é capaz de rematar.

As carnes (polo yakitori e solombo con mel) estaban certamente moi conseguidas, se cadra o solombo algo feito de máis, cousa que resulta estraña nun xaponés.

O tempura, moi crocante, estaba composto por un langostino, espárragos verdes e pemento, tal vez cun excesivo protagonismo deste último, que se repetía no yakisoba.

O mellor, sen dúbida, as algas verdes con sésamo.

De sobremesa tomei so café, pero a oferta era o más decepcionante do menú, pois consistía en xelado, torta de queixo con arandos, mousse de chocolate ou limón, café, te… ou flan de sésamo negro.

O prezo, con bebida incluída (viño, cervexa, auga… ata sake ou sangría de cava) é de 16 euros. Haberá que probar máis detidamente a carta, pero o menú ofrece unha moi boa relación calidade-prezo.

8 comentarios sobre “Shouri, cociña xaponesa na Coruña

  • el 07 de diciembre de 2006 a las 10:23 10Thu, 07 Dec 2006 10:23:18 +000018.
    Permalink

    O sitio esta mui bem, e tenhem muita variedade em sushi e semelhantes. Se volve recomendo-lhe o de peixe-manteiga e o de anguia 😀

    Respuesta
  • el 08 de diciembre de 2006 a las 21:18 09Fri, 08 Dec 2006 21:18:06 +000006.
    Permalink

    Pois mira que eu non lles fun aínda porque me dixeran que era caro, pero por iso mesmo que contas en calquera xapones de Madrid ou Barcelona cobran 25/30€ sen problema, así que xa estou tardando.

    Respuesta
  • el 11 de diciembre de 2006 a las 01:49 01Mon, 11 Dec 2006 01:49:36 +000036.
    Permalink

    Mire, e preguntou de qué era o xeado??
    No xaponés do Porto teño tomado un xeado de faba e outro de té moi interesantes. Especialmente o de té.

    Respuesta
  • el 11 de diciembre de 2006 a las 19:51 07Mon, 11 Dec 2006 19:51:22 +000022.
    Permalink

    Ola Miguel, pois eu fun primeiro con meu irmán (moi afeccionado ós xaponeses, curiosamente despois de vivir en Estados Unidos) e despois cun amigo e encantoume a comida de degustación acompañado dunha cervexa nipona, especialmente delicioso para min o sashimi e o sushi, tamén era dun sabor exquisito unha especie de lámina rosada algo forte e efervescente que me parece que era xenxibre…non estou moi seguro.
    O local é chulísimo e as vistas boas sobre todo se fose un naútico en vez dun muelle de carga pero eche o que hai…

    saúdos

    Respuesta
  • el 11 de diciembre de 2006 a las 20:36 08Mon, 11 Dec 2006 20:36:57 +000057.
    Permalink

    Efectivamente, Suso, esa lámina rosa tan aromática e saborosa, un chisco picante, é xenxibre rosa encurtido. Os xaponeses emprégano para “limpar” a boca de sabores entre bocado e bocado.

    Respuesta
  • el 30 de mayo de 2007 a las 11:32 11Wed, 30 May 2007 11:32:18 +000018.
    Permalink

    Yo acabo de ir a este restaurante en Abril, y también pedí el menú de la casa, y ha rebajado su precio sustancialmente 9,95€ + IVA, llevando prácticamente lo mismo.
    Podéis leer la opinión que me causó, en esta entrada de mi blog:

    http://www.josemarg.com/wp/index.php?paged=2

    Respuesta
  • el 24 de enero de 2008 a las 13:31 01Thu, 24 Jan 2008 13:31:36 +000036.
    Permalink

    Creo que voy a ir en contra de la opinión mayoritaria pero, en mi humilde opinión, el shouri es un chino con precios de japonés.
    Efectivamente, el menú del día está bien de precio aunque en su mayoría es salmón.
    Pedir a la carta es una temeridad. Hay una especie de tenpayaki variado al que le echan una salsa que hace que la carne, el pescado y la verdura te sepan exactamente igual. Los cortes del sashimi dejan bastante que desear y el único niguiri que recomendaría es el de anguila, muy bueno, es cierto.
    Si a esto, le sumamos el precio. Sólo recomendaría este sitio para menú del día y por sus vistas.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *