Patacas, millo e xaponeses

Atentos á nova “variedade” conseguida por enxeñería lingüística
a partir da vella Kennebec

Temos fama os galegos de conservadores ata na hora da comida, e que non saímos da sota, cabalo e rei. Fama.

Haberá aquí que lembrar que, cando o rei de Francia, María Antonieta e monsieur Parmentier andaban a enganar franceses para conseguir que comeran patacas, en Galicia levábamos décadas facéndoo.

O caso francés é tan curioso que non me resisto a contalo para quen non o coñeza. Parmentier, médico militar francés, coñeceu as kartofel (patacas en alemán, obviamente) no campo onde foi prisioneiro dos alemáns, que consideraban as patacas axeitadas unicamente para dar de comer aos porcos e, polo tanto, aos prisioneiros franceses. Tal era o seu punto de vista.

Repatriado a Francia, Parmentier convenceu a Luís XIV e María Antonieta de que aquel tubérculo acabaría coa fame dos franceses, que non querían comer patacas porque consideran que provocaban a lepra.

Había, pois, que facer un bo plan de marketing. Un plan maquivélico que deu uns resultados inmellorables.

O rei mandou facer unha gran plantación de patacas en Sablons (Neuilly). Para chamar a atención sobre as mesmas fixeron que a plantación fora vixiada por soldados fortemente armados e ata coa baioneta calada. Se o rei protexía así a plantación por algo será, pensaron os campesiños da zona, e iso era precisamente o que se pretendía que pensaran.

Pero estrañamente, a garda armada desaparecía pola noites, o que facilitaba o roubo dos tubérculos, que era exactamente o que se buscaba. Prestixiadas as patacas coa garda nocturna e facilitado o seu roubo polas noites, a pataca estendeuse rapidamente por Francia. Parmentier pasou a historia coma o divulgador do consumo de patacas en Europa cando os labregos galegos xa as comían dende tempo antes.

Pouco despois comezou a cultivarse o millo en Europa, e foi Galicia, seguramente a Mariña de Lugo, onde primeiro se plantou e consumiu.

Hoxe a pataca consúmese en todo o mundo. E o millo en moitos países. En España o millo, excepción feita dos flocos inevitables no cine, destínase exclusivamente á alimentación dos animais, coas únicas excepcións de Galicia e Canarias. Nas illas é parte fundamental da dieta, en forma de gofio, unha fariña torrada que se amasa con caldo, leite ou auga. En Galicia as empanadas de millo son espléndidas, e non menos espléndida é a broa, ideal para acompañar sardiñas asadas e ata como sobremesa.

A raíz dun post anterior sobre o emprego do azucre nalgúns pratos, un amigo do Valadouro, Pisón, faloume de que lle falaran (a información sigue a fluír da mesma maneira que sempre, de boca a orella) da que antes era sobremesa habitual dos pescadores de Fisterra: unha rebanda de broa fritida na tixola e espolvoreada de azucre.

Falaba ao principio de que os galegos temos fama de conservadores ata na comida. Quería chegar eu á presenza de diversos restaurantes “exóticos” na nosa terra, que se non son tan abondosos como en Madrid ou Barcelona é por cuestión de tamaño. Calquera desas dúas cidades xunta ao seu redor o dobre de poboación que Galicia enteira. Malia diferenza de escala, en Galicia temos tamén restaurantes exóticos, e algúns moi interesantes, coma o xaponés emprazado no cento comercial do porto da Coruña, do que pensaba escribir agora pero que vai quedar para mañá.

2 comentarios sobre “Patacas, millo e xaponeses

  • el 04 de diciembre de 2006 a las 20:11 08Mon, 04 Dec 2006 20:11:57 +000057.
    Permalink

    Vou engadir outra pequena historieta sobre a introducción das patacas… Coido que a historia é Alemana, canda menos podería selo…

    Alá polo século XVIII, andaban guerreando coma sempre por terras Alemanas (sería a dos 7 anos ou algunha outra na que se metían os Austriacos e os Prusianos), e os soldados coma unha peste pasaban polos pobos, e fastidiaban a colleita de cereais, co que os habitantes pasaban moita fame o inverno seguinte… Ata que nun pobo se lles deu por plantar patacas. Os soldados voltaron, esperearon á epoca da colleita para ir a fastidiar as leiras… Pero cando marcharon os soldados, os do pobo voltaron e desenterraron as patacas, que quedaron ben gardadas baixo terra.

    Unha vez aprendido esto, os labregos alemáns non deixaron de ter patacas prantadas, xa que tiñan moitas avantaxes naqueles tempos tan revoltos…

    Respuesta
  • el 05 de diciembre de 2006 a las 10:20 10Tue, 05 Dec 2006 10:20:47 +000047.
    Permalink

    Muy interesante e ingeniosa la historia de Parmentier sobre este tubérculo que se sembró en los Andes por los Incas y que por suerte se expandió por el mundo,pero no tenía muy claro como había sido,mas alla de que los primeros conquistadores la trajeran. Junto con el maiz. En Uruguay el gofio es un plato típico y por mas que recorría España no lograba encontrar su origen hasta que llegué a Canarias,el primero que se usó fue de cebada tostada y de una raiz de helecho,luego llegaría el maiz y lograría ese sabor tan particular y tan asfixiante si no tienes suficiente líquido al lado te puede hacer pasar un mal rato.
    Como latina,uso el maiz (herencia italiana) en la Polenta,que si no has probado te invito a que lo hagas con una salsa bolognesa y estofado de pollo.

    Espero la crónica del japones,ya que le tengo ganas hace tiempo.
    unha aperta

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *