¿Como demo se chaman en galego os “alquequenjes”?

Pois si que a fixo boa Yayo Daporta con iso de poñernos nas lambetadas finais uns deliciosos “alquequenjes”. O único que conseguiu foi poñernos a todos a traballar. Ata o servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela está no asunto.

O caso é que no meu post tiven que escribir o nome desta froita en castelán, xa que non coñezo un nome galego para ela. E o mesmo lle pasou a Another cow in the corn. Pola súa parte, Gourmet de Provincias escribiu “Physalis” nome científico da pranta que produce esta froita.

Dándolle voltas ao asunto atopo que a planta aparece nalgúns casos como Physalis peruviana e noutros como Physalis alkekengi.

Así que en castelán os nomes máis usados son “alquequenje” e “alquenqueje”.

En portugués empregan “tomate de capucho” e “camapu”, nome este segundo que me soa a brasileiro.

Os franceses danlle o precioso nome de “cerise d’hiver” e os ingleses o de “goldenberry”.

Atopei ata o nome en quechua desta froita: “topotopo”.

E como non son quen de dar coa forma galega, chamei ao servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, a ver se eles me sacan da dúbida, do que darei conta no seu momento.

ÚLTIMA HORA (13:52 horas do 14-11-06):

O servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela xa resolveu o problema. O nome galego da Physalis Alkekengi é:

Alquequenxe

A palabra aparece ata na versión galega do Boletín Oficial do Estado.

Non me queda máis que agradecer a eficacia e rapidez de Xusto, do devandito servizo da USC.

8 comentarios sobre “¿Como demo se chaman en galego os “alquequenjes”?

  • el 14 de noviembre de 2006 a las 12:27 12Tue, 14 Nov 2006 12:27:11 +000011.
    Permalink

    A miña nai chámalles “tomatiños amarillos”… e Phisalis sempre me pareceu demasiado… científico.
    A ver se as túas xestións iluminan o noso camiño.

    Respuesta
  • el 14 de noviembre de 2006 a las 14:02 02Tue, 14 Nov 2006 14:02:45 +000045.
    Permalink

    Em português também se emprega “Alqueuenjes”.

    Respuesta
  • el 14 de noviembre de 2006 a las 20:24 08Tue, 14 Nov 2006 20:24:44 +000044.
    Permalink

    Parecen mirabeles…

    Respuesta
  • el 15 de noviembre de 2006 a las 07:20 07Wed, 15 Nov 2006 07:20:04 +000004.
    Permalink

    Os mirabeles son unha especie de ameixas da familia das rosáceas. Os alquequenxes son unha solánacea, polo que están emparentados coas patacas, os tomates, os pementos e a mandrágora, entre moitos outros xéneros,

    Respuesta
  • el 15 de noviembre de 2006 a las 10:28 10Wed, 15 Nov 2006 10:28:28 +000028.
    Permalink

    Noraboa polo resultado da xestión ;-). O que si me chama a atención é que estea restrinxida a venda da planta porque esta sexa tóxica!!!.

    Respuesta
  • el 15 de noviembre de 2006 a las 11:05 11Wed, 15 Nov 2006 11:05:44 +000044.
    Permalink

    Pois non caera eu no da toxicidade. Así que volvo a revisar a documentación e chego á conclusión de que Physalis peruviana e Physalis alkekengi son primas pero non a mesma cousa.
    A Physalis peruviana cultivase para a proveitar o seu froito, que é comestible.
    A “alkekengi” ten usos médicos en farmacéuticos, pero non é apta para o consumo por conter certos alcaloides, como sucede con outras moitas solanáceas. En Galicia sempre se dixo que o froito das pataca é tóxico (as patacas non son o froito, senón tubérculos das raíces).
    Dito esto, se alguén ten unha pranta de Physalis na casa (en Galicia teño visto moitas) debe absterse de consumir o froito a non ser que teña a certeza de que se trata da “peruviana”.
    Respecto do nome, queda claro que en galego debemos empregar “alquequenxe”.

    Respuesta
  • el 15 de noviembre de 2006 a las 18:46 06Wed, 15 Nov 2006 18:46:48 +000048.
    Permalink

    A miña nai ten… e fai un doce de alquequenxe riquísimo. Mira, xa teño unha idea para un post 😉

    Respuesta
  • el 20 de noviembre de 2006 a las 20:43 08Mon, 20 Nov 2006 20:43:21 +000021.
    Permalink

    Pois gracias a que o lin aquí antes de ir esta fin de semana á casa, puiden lucirme cos meus “coñecementos”. Resulta que unha veciña llos dera a miña nai e andaban ela máis miña avoa tolas preguntándose polo nome do tomatiño ese…alquequenxe, dixen eu.
    Confío en que non sexa a variante tóxica!

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *