Pastelón de lebre

Onte saín de caza e volvín cun espléndido lombo de lebre, que Durero me retratou antes da execución, como se pode ver na ilustración. Os que nunca tiraron un tiro e os que non coñecen a Durero poden pasar por Lidl, que como cada ano cando se aproxima o Nadal sacan algúns produtos novos e estacionais. Esta ano hai pavo, pato enteiro, magret de pato e lombo de lebre, conxelados.

Un lombo de lebre, de algo máis de medio quilo, sae por 6,99 euros. A etiqueta asegura que se trata de carne de caza, polo que avisa da posibilidade de atopar algunha munición polo medio.

A primeira idea era facela cunhas fabas da Mariña, pero acabo de consultar a Cunqueiro (Teatro Venatorio y Coquinario Gallego) e Picadillo e descubro que ambos falan do pastelón de lebre. Agora si que me puxeron as gañas de probalo, así que igual merco outro lombo e llos levo ao meu amigo José Manuel para que me faiga un pastelón, que seguramente será cousa notable.

No pasado agosto xa fixen que José Manuel cociñara uns pastelóns de pichón para o menú do Día do Mariscal, cun resultado que sorprendeu a todos moi agradablemente. Ese día chupei ata o último óso do pombiño, como xa fixera algúns meses antes cando, en “petit comité” fixemos unha proba do que ía ser o menú da festa do verán.

Un comentario sobre “Pastelón de lebre

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *