Queixos galegos curados

Un post no Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo sobre a maduración de queixos de Arzúa-Ulloa tróuxome o tema á cabeza, así que o mérito deste post é máis do amigo Jorge que meu.

Sobre os queixos de Arzúa-Ulloa habería moito que falar e escribir, porque unha cousa é o que se distribúe por Galicia e España e outra o que se coce na zona.

Estamos acostumados a que nos vendan os queixos tenros, que son os máis comúns, pero a denominación de orixe inclúe tamén o queixo curado.

Os famosos “queixos da nabiza” son iso, queixos con varios meses de curación, de sabor forte, pero con un interior moi manteigoso, que pode lembrar a torta do casar, sen chegar ao extremo de proteólises deste. Estes queixos atópanse en comercios e mercados da zona e xamais faltan na feira do queixo de Arzúa.

Tamén se están a facer queixos de gran curación, coma o que estou comendo eu estes días, agasallo dun amigo daquela zona. Son queixos de pasta dura, difícil de cortar en lascas porque se desfai, así que eu espeto no mesmo a punta do coitelo e deixo que se desprendan anacos irregulares do mesmo. O sabor deste queixo é forte, semellante ao do que en Galicia se coñece como “queixo de Castilla”, fundamentalmente de Zamora, pero coa particularidade de que non pica na boca.

Este queixo xurado ten pouca comercialización fóra da zona de produción, pero por Arzúa pode atoparse sen moita dificultade.

O certo é que a realidade do queixo galego supera amplamente ao que se pode atopar nos supermercados e tendas de alimentación, incluso na sección de queixos de El Corte Inglés ou Hipercor, que posiblemente son as mellores e máis surtidas que hai en Galicia.

O problema, habitualmente, é que as pequenas producións non permiten que algúns queixos singulares cheguen a todos. É o caso do queixo de ovella que fan en Guntín, de marca “Pacita”, que se vende unicamente en Lugo… en Madrid e en Barcelona.

3 comentarios sobre “Queixos galegos curados

  • el 31 de octubre de 2006 a las 21:02 09Tue, 31 Oct 2006 21:02:21 +000021.
    Permalink

    El que probé ayer era del tipo de esos de “gran curación” que comentas. Quien me lo ofreció me dijo que se lo regalaron en una fábrica que conoce desde hace tiempo y que de momento no se vende porque a la gente de la zona que lo probó no acaba de convencerla.

    Alguna vez había probado algún queso de esos de curación ligera, pero el de ayer era de mayor consistencia, casi quebradizo y de sabor más intenso.

    En cualquier caso me pareció todo un descubrimiento y tendré que ir por Arzúa a ver si encuentro algo si no igual al menos parecido.

    Respuesta
  • el 01 de noviembre de 2006 a las 11:01 11Wed, 01 Nov 2006 11:01:15 +000015.
    Permalink

    Bueno bueno… Eu son unha gran aficionada os queixos… A ver cando mandades un par de queixos deses… A verdade é que nin idea tiña. En Galicia hai pouca tradición de consumir queixo, sobretodo queixos fuertes e curados… e temos Asturias ahí o lado con multitud de queixos… Qué delicia!

    Eu agora vivo no Bierzo. Aquí ocorre un pouco a misma cousa… Pero non podo pechar este comentario sen facer referencia a dous queixos fantásticos dos que disfruto ultimamente. Un é o queixo de Veigadarte nas súas distintas variantes. De cabra, moi sabroso, especialmente o fresco. E o queixo de Valdeón. Un queixo azul con un sabor cercano ó Cabrales que é unha desas cousas que hai que probar na vida…

    Veña un saúdo e noraboa pola páxina.

    Respuesta
  • el 06 de noviembre de 2006 a las 22:21 10Mon, 06 Nov 2006 22:21:29 +000029.
    Permalink

    probei aí atrás un queixo curado de arzúa que se desfacía, debe ser ese que chantas no coitelo. sorprendeume saber que era da terra, pois pensei, como ben dis, que se trataba dun queixo “de castilla”, aínda que lle notei algo raro. Logo, claro, xa souben que era de vaca e aclarei o “raro” no gusto que detectara. Pero moi bo e unha sorpresa moi grata!

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *