Primeira xuntanza galega de blogogastrónomos

Nun principio foi a escuridade. Pero chegou o Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo (DGPPG) e fíxose a luz coa convocatoria da I Xuntanza Galega de Blogogastrónomos, que se convoca para o mes de novembro, non sei onde nin cando, que iso habemos decidilo entre todos. Democracia asemblearia.

A xuntanza terá forma de papatoria, en restaurante de calidade recoñecida, e poderá participar calquera persoa que manteña un blog sobre gastronomía, ou que fale con frecuencia sobre o mesmo, ou ben que colabore en medios de comunicación sobre materias gastronómicas. As bases abren a posibilidade de que tamén participe quen, sen cumprir os requisitos anteriores, estea interesado en participar. Supoño eu que, no caso de admitir a algún baixo esta última condición, haberá que impoñerlle un castigo apropiado, como pagar os cafés ou manter a raia o índice de alcoholemia para levar o volante.

Para apuntarse hai dous sistemas: comentario no post de DGPPG en que se convoca a xuntanza ou por medio dun correo electrónico a gourmetdeprovincias@gmail.com

NOTAS Á MARXE: DGPPG é unha maneira de abreviar o nome do blog , pero nada ten que ver con partidos políticos nin direccións xerais.

A ilustración está tomada de DGPPG. Un cadro flamenco (cousas dos belgas), no que Carlos Núñez, (con barba) e Cristina Pato (con pucha verde) animan a xuntanza de blogogastrónomos. Os que reparten pratos de papas de arroz e filloas con mel son os que se apuntaron á xuntanza sen ter blog nin escribir sobre gastronomía. O máis preocupante da “foto” é comprobar como o viño é de garrafón.

Para máis información Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo.

4 comentarios sobre “Primeira xuntanza galega de blogogastrónomos

  • el 24 de octubre de 2006 a las 19:13 07Tue, 24 Oct 2006 19:13:13 +000013.
    Permalink

    Está claro que o blogueiro é unha raza ben comedora. Vivan as blogopapanzas! Eu que son omnívoro e todo me sabe ben, sigo con atención os blogogastrónomos para perfeccionar este imperfecto padal

    Respuesta
  • el 24 de octubre de 2006 a las 22:01 10Tue, 24 Oct 2006 22:01:31 +000031.
    Permalink

    hahahaha! Non está nada mal a interpretación do cadro!

    Respuesta
  • el 26 de octubre de 2006 a las 12:34 12Thu, 26 Oct 2006 12:34:09 +000009.
    Permalink

    Supoño que, por esa regra de tres, os barbudos sentados á mesa debemos ser os autores de Colineta, manuelgago.or e o propio Gourmet de Provincias.

    Respuesta
  • el 26 de octubre de 2006 a las 15:46 03Thu, 26 Oct 2006 15:46:37 +000037.
    Permalink

    Eu non quería descubrir os vosos segredos, pero agora xa son públicos: manuelgago e Gourmet non se afeitan, ¡serán guarros!. Eu xa nacín así, e se non o cres, preséntame a alguén que me coñecera sen barba. Ademáis, pasoume como a Gila (Miguel Gila-Miguel Vila ¿entenden o xogo de palabras?) que cando nacimos as nosas nais non estaban na casa. A miña, en concreto, estaba no hospital, parindo.
    Mirando ben a foto, pareceme que corresponde á edición 2008 ou 2009, que na parte inferior esquerda está a Gourmet 2.0 ocupada cunha filloa.
    E ¡ollo á boia! non aparece o can por ningures. ¡A ver se anda pola cociña facendo unha trasnada!.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *