A promoción institucional da gastronomía galega

Fiel ao seu compromiso con Galicia, o PSOE celebrou onte a festa dos socialistas galegos en Caldas de Reis, como é habitual despois de cada verán.

Din que Fraga contaba os asistentes aos actos do PP polo número de racións de empanada despachadas. Igual por iso, para non parecerse a Fraga, os socialistas galegos se decantaron por unha especialidade “galega” máis difícil de recontar: a paella.

O certo é que na foto ten boa pinta, pero o acerto na elección do menú lembra aquel da primavera pasada, cando a Xunta (unha consellería do Bloque) presentou a súa oferta turística en Nova York da man dun restaurante italiano.

Tampouco de salvan os do PP. En Mondoñedo, con alcalde deste partido, elixiron un viño de Rioxa para celebrar os 850 anos das San Lucas, que se celebran o mes próximo.

A gastronomía galega agradécelles a uns e outros a eficaz promoción. Supoño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *