Tempura mundialista

Ao remate da final do Campionato do Mundo de Baloncesto, os locutores da radio dicían que dentro de vinte anos todos falaremos de onde estabamos hoxe cando a selección española se proclamou campiona do mundo.

Por se o esquezo, escribirei que eu estaba facendo un tempura de mexillóns e cabaciños que resultou todo un éxito. Resulta que a do tempura é una técnica de ida e volta. Foron os frades portugueses que tentaron cristianizar Xapón a partir do século XVI os que ensinaron aos naturais do país a técnica do rebozado. Os cociñeiros xaponeses perfeccionaron aquila técnica ata inventar o “tempura”, palabra qu segundo teño lido podería proceder do portugués “tempero”, o mesmo que “arigato” pode proceder de “obrigado” que ambos significan o mesmo: gracias.
Pero volvendo sobre o rebozado, sempre que tentei cociñar tempura, seguindo as instruccións de todo tipo de cociñeiros xaponeses, españois ou de onde foran, o resultado era abondo diferente do que acostuman a servir nos restaurantes. Ás veces desastroso.
E resulta que a cousa é máis sinxela do que parece. Abonda con empregar unha fariña preparada para tempura (diso non falan os cociñeiros, que ao millor a usan), que se compón dunha mestura de fariña de trigo e millo, sémola de trigo duro e levadura química. Mesturase cun pouco de auga morna… e a fritir.

Non hai foto porque os comensais foron máis rápidos que o fotográfo, pero o resultado foi tan bo coma en calquera restaurante. Os mexillóns estaban previamente cocidos e os cabaciños cortados en todas. Todo secado con papel de cociña antes de rebozalo (se o produto a rebozar está húmido o resultado desmerece moito).

A fariña da que falo é da marca Harimsa, que eu merquei nun Carrefour. Da mesma marca xa probara outro preparado (fariña de trigo con sémola de trigo duro) para fritir peixe, que tamén da un resultado espectacular. A peituga de polo rebozada nesa fariña e fritida queda tamén deliciosa.

Na web de Harimsa vin que teñen outros preparados interesantes, que probarei algún día.

Un comentario sobre “Tempura mundialista

  • el 05 de septiembre de 2006 a las 18:14 06Tue, 05 Sep 2006 18:14:55 +000055.
    Permalink

    arigato=obrigado…cousas veredes !!!!

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *