Total, tamén son festas

Si Cunqueiro levantara a cabeza, a labaza que algúns de Mondoñedo ían levar había ser monumental, e non sen razón, que non se pode andar por aí estragando os símbolos de todo un pobo sen facer fronte ás consecuencias.

Resulta que As San Lucas, as grandes festas de Mondoñedo das que tantas veces escribiu o mestre Cunqueiro, sempre con admiración e reverencia cara unha festa que se remonta séculos no tempo, resulta, dicía, que están a piques de cumprir os 850 anos, ¡aí é nada!.

E en Mondoñedo ocorréselles, moi ben ocorrido, que é unha boa oportunidade para sacar ao mercado unhas botellas de viño embotellado especialmente para a ocasión.

Todo moi ben ata que o Alcalde, un concelleiro e a presidenta da comisión de festas convocan acto de presentación de ditas botellas. A sorpresa non pode ser máis grande nin máis desafortunada: os viños elixidos para tal fin son da Rioxa, segundo informa El Progreso. Un crianza Ederra e un reserva Marqués de Pombal. Como se en Galicia non houbera viños e dos mellores.

Eu, que pasei unha pequena parte da miña vida en Mondoñedo como estudante de bacharelato, e que quero a esa vila e a esas San Lucas como se foran as propias, síntome neste momento certamente desacougado. Igual, chegado o mes de outubro, no canto de ir comer o polbo cabo da igrexa dos Remedios tiro cara Pamplona, coller sitio para os San Fermíns. Total, tamén son festas.

4 comentarios sobre “Total, tamén son festas

  • el 14 de agosto de 2006 a las 11:05 11Mon, 14 Aug 2006 11:05:50 +000050.
    Permalink

    Cousas como esta son as que explican que os viños galegos non acadasen aínda o posto que lles corresponde por dereito e son ben significativas da escasa querencia que temos polo propio.

    Respuesta
  • el 16 de septiembre de 2006 a las 21:11 09Sat, 16 Sep 2006 21:11:12 +000012.
    Permalink

    non se che ocurreu pensar, que igual,os Donos de ditis viños galegos pedian moito por levar pagada dita etiqueta

    Respuesta
  • el 17 de septiembre de 2006 a las 08:55 08Sun, 17 Sep 2006 08:55:46 +000046.
    Permalink

    ¿Tódalas marcas de viños galegos pedían demasiado?. Hai centos de marcas de viños en Galicia con denominación de orixe. A moitos sóbralles viño e, cando un restaurante merca, por exemplo, dez caixas, regalánlle outras cinco, práctica que é moi común. Calquera desas adegas estaría encantada de sacar unhas cantas caixas coa etiqueta das San Lucas. Non creo que o económico sexa o problema. O problema está na cabeza dos que elixiron os viños.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *