Festival da canción gastronómica

Semella que a “canción do verán” e as festas gastronómicas van en Galicia da man. Dende que se inventou a primeira non deixan de aparecer cada días máis das segundas na nosa terra. Por algo será.

Ao principio a canción do verán falounos do raio de sol (oh, oh, oh) e do biquini de pel de María Isabel (¿ou era de raias e de pel a maleta?). Pero non tardaron nada en descubrir que no verán o tema culinario ten máis forza que nunca.

E aí temos a Palito Ortega con aquilo da “chevecha” que se sube á cabeza “anda chava, chube, chive otro vacho de chevecha”. ¿Tas bébedo Palito?.

Pouco despois chegou “Llorlli” Dan (¿cómo demos se escrebe?) e trouxonos a “barbacoa” e o “chiringuito”, onde as mozas se poñían coma tolas cando probaban as sardiñas. Este gran cantautor chegou incluso a meter nas súas cancións publicidade subliminal. ¿Qué, senon, é aquela canción que nos convidaba a bailar o bimbó, bimbó, que está causando sensación?.

Non sei se as Ketchup non farían tamén publicidade subliminal, inda que difícil de entender. E despois chegou aquela da “maioooneeesaaaa” e o “bate que bate… el chocolate”.

En fin, que a canción do verán se está a transformar en puro comercio… e bebercio.

Agora van Vieiros e a Radio Galega e montan o gran concurso da canción de verán galega, o “A polo Ghit”. De primeiro e destacado nas votacións populares vai Markinhos Drinkin, cun tema titulado “O iogur de fresa” que, coitadiño, vive namorado dunhas natillas ás que non sabe como entrarlles e pide consello a un vaso de leite con “nescuí”.

¿Alguén dúbida de que o verdadeiramente importante é a comida?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *