Ovos rotos

Un prato que semella estar triunfando en Madrid son os “ovos rotos”. A pasada semana puiden comer os “ovos rotos con lacón” da foto. Hai que comezar aclarando que para os madrileños “lacón” é un friame de perna de porco cocida e, normalmente, afumada. Un xamón de York algo historiado.

Nunha tixola antiadherente ao lume ponse un pouco aceite e cáscanse dous ovos. Cun garfo rómpense as xemas para que se desparramen. Sálgase e bótase por derriba o que un guste (os da foto levaban patacas fritias e “lacón”) e rematanse de facer no forno.

Polo cartel podemos ver que tamén se ofrecen con xamón serrano, morcilla e pementos do piquillo ou chourizo e pemento verde.

Eu penso probalos con zorza e pementos de Padrón.

5 comentarios sobre “Ovos rotos

  • el 07 de junio de 2006 a las 15:47 03Wed, 07 Jun 2006 15:47:09 +000009.
    Permalink

    hoxe cearei iso, obrigado colineta!

    Respuesta
  • el 07 de junio de 2006 a las 20:03 08Wed, 07 Jun 2006 20:03:07 +000007.
    Permalink

    con zorza (da de verdade, non esas talladas de carne de porco adobadas que poñen na maior parte dos bares) están realmente bos.

    Respuesta
  • el 07 de junio de 2006 a las 22:26 10Wed, 07 Jun 2006 22:26:02 +000002.
    Permalink

    PD: non comin todo eso
    PD2: non se parecen moito aos da tua foto 🙂 pero estaban riquirmos

    Respuesta
  • el 08 de junio de 2006 a las 06:45 06Thu, 08 Jun 2006 06:45:51 +000051.
    Permalink

    Seguramente botaches os ovos na tixola cando xa estaba quente o aceite e por eso non se desparramou a clara ata xuntarse unhas coas outras e encher toda a tixola. En calquera caso teñen un aspecto expléndido e seguro que estaban deliciosos.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *