Máis pementos “de Padrón”

Continúo co asunto dos pementos de Padrón e agora tócalle a quenda aos supermercados da zona onde vivo. O sábado 3 de xuño a situación era a seguinte:

Supermercado Froiz, en Brión. Ofrece pementos de Padrón, a etiqueta dos mesmos insiste no mesmo asunto, pero os pementos son de O Rosal. Os catrocentos gramos saen por 2,49 euros.

Carrefour, en Bertamiráns. O rótulo do supermercado e a etiqueta da bulsa din pementos de Padrón, como no caso anterior, pero son do Val do Salnés. Catrocentos gramos por 2,76 euros.

El Árbol, en Bertamiráns. Outra vez rótulo e etiqueta falan de Padrón, pero en realidade son pementos de Cambados. Os mesmos catrocentos gramos custan 2,79.

En Gadis, Bertamiráns, de novo ofrecen pementos de Padrón, inda que son de Vedra. Aquí a bulsa é de 300 gramos e custa 1,65 euros.

Rematamos o percorrido no Froiz de Bertamiráns. Ofrecen pementos de Padrón, que en realidade son de O Rosal, por 2,80 euros. A bulsa pesa 315 gramos.

Pero no mesmo supermercado hai tamén pementos a 4,90 euros a bolsa. Non indican o peso pero si a cantidade: un cento. A cousa parece ir ben. Estes pementos, que se ofrecen como de Padrón son ¡de Herbón!.

Por fin atopamos os primeiros pementos lexítimos. O cento pesaba 345 gramos. A diferenza de prezo é importante, pero son auténticos.

Estamos a 17 quilómetros xustos da zona de produción dos auténticos pementos de Padrón.

A conclusión á que chego é que produtores e supermercados non teñen vergonza. ¿Qué pasaría se un vendedor do mercado dos martes en Brión, ou dos sábados en Bertamirásn, bautizara os seu posto co nome de Froiz, Carrefour, Gadis ou El Árbol?.

Por certo, e volvendo a un post anterior, que o produtor almeriense fai un curioso uso da estatística. Se os pementos de Padrón uns pican e outros non resulta que a media estatística indica que son pementos “semipicantes”.

4 comentarios sobre “Máis pementos “de Padrón”

  • el 08 de junio de 2006 a las 11:00 11Thu, 08 Jun 2006 11:00:14 +000014.
    Permalink

    Así que ademais somo case veciños!. Eu non din atopado pementos de Padrón auténticos en todo Bertamiráns e acabei dando con eles no supermercado El Arbol de Cacheiras, na costa de Montouto.

    Respuesta
  • el 09 de junio de 2006 a las 21:24 09Fri, 09 Jun 2006 21:24:32 +000032.
    Permalink

    ¡Pero mira que me gusta esta intervención túa!. Habería que facer un estudo exhaustivo con moitos máis productos, (por exemplo, as patacas) Veríamos que nos dan patacas que veñen de Francia. Cada vez faise máis difícil facer unha compra axeitada. Vexamos: temos que ver as caducidades nas latas, a denominación de orixen nos viños, o contido en grada dos queixos, a orixen dos repolos, das xudías, dos tomates, dos pementos….¡ En fin, todo un día se queremos facer a compra de modo que no nos tomen o pelo. Claro, que ao final si que nolo toman. ¿Para cando unha auténtica revista defensa do consumidor? Sigo a leerte.

    Respuesta
  • el 09 de junio de 2006 a las 21:26 09Fri, 09 Jun 2006 21:26:02 +000002.
    Permalink

    Claro que el marido de una amiga mía le hace la compra. Una tarde fue a comprar huevos al supermercado y recorrió ¡siete! para encontrar aquellos que se adaptasen mejor a LA CALIDAD /PRECIO-

    Respuesta
  • el 18 de diciembre de 2006 a las 12:29 12Mon, 18 Dec 2006 12:29:56 +000056.
    Permalink

    Eso pasa por no tener la denominación de origen. Mira como no hay albariño de Marruecos o Andalucía o vino de la Ribeira Sacra hecho en Aragón. Creo que desde hace tiempo se quiere que los pimientos de Padrón tengan denominación de origen para evitar estas confusiones pero no recuerdo el porqué no la tienen todavía. Mientras tanto a comprar directamente cuando pases por Padrón y aún así yo no me fiaría, a saber si son los excedentes de su producción en Marruecos (la mayoría viene de allí)

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *