¿De onde son os pementos?

O interese sobre a orixe dos pementos de Padrón que non son de Padrón (nin de Herbón) desatado a raíz dun post anterior, levoume esta mañá a entrar en canto supermercado, mercado e froitería atopei ao meu paso. Claro que esta mañá eu estaba en Madrid.

O resultado foi o seguinte:

No supermercado de El Corte Inglés o rótulo ofrece “pimientos de Padrón”, como no resto dos supermercados. A etiqueta indica que o seu orixe é “N. África”, é dicir, seguramente Marrocos.

En Eroski a orixe dos pementos é “Galicia”, sen indicar máis. A etiqueta inclúe a clave de trazabilidade, que supoño permite a Eroski saber de onde chegaron.

En Ahorra Más a etiqueta non indica a procedencia, pero o rexistro sanitario é de Granada.

En Lidl o rótulo do supermercado di “pimientos de Padrón”, mentres a eqtiqueta dos mesmos indica “tipo Padrón”. Proceden de Murcia.

En Mercadona volven a vender os pementos como “de Padrón”, por moito que o productor os etiquete como “pimiento semipicante” sen referise para nada á vila coruñesa. Proceden de Almería.

Por fin atopo pementos galegos nunha pequena froitería de barrio. Pero non son de Padrón senon de Vedra.

De Padrón-Padrón ou de Herbón-Herbón non fun capaz de atopalos.

Os pementos marroquís que vende El Corte Inglés andaban polos seis euros o quilo, fronte aos 4 dos pementos de Vedra.

7 comentarios sobre “¿De onde son os pementos?

  • el 01 de junio de 2006 a las 19:10 07Thu, 01 Jun 2006 19:10:52 +000052.
    Permalink

    y que me dices de los pimientos del couto (no pican) del mismo tamaño y forma que los de padron que vienen de cerca de ferrol?.
    Yo llevo ya dos años plantandolos y cosechandolos, a veces en los supermercados los encuentras a vender.
    Deberia existir mas claridad en los productos de la huerta
    saludos desde Meis

    Respuesta
  • el 01 de junio de 2006 a las 20:07 08Thu, 01 Jun 2006 20:07:08 +000008.
    Permalink

    A ver se os agricultores som galegos emigrados… porque outra explicazóm… XD

    Respuesta
  • el 02 de junio de 2006 a las 03:24 03Fri, 02 Jun 2006 03:24:41 +000041.
    Permalink

    Curioso.
    O que esta claro e que un producto colle a fama e logo saen imitacions.

    Respuesta
  • el 02 de junio de 2006 a las 10:05 10Fri, 02 Jun 2006 10:05:39 +000039.
    Permalink

    Hai unhas semanas falei do asunto. O problema parece estar en que non teñen Denominación de Orixe e, xa que logo, poden cultivarse noutras zonas. Despois vin un programa en Tele 5 no que dicían que moitos productores de Padrón e comarca están a “deslocalizar” os cultivos para aforrar, é dicir, levan a semente de Herbón pero plantan en Almería, Murcia ou en Marrocos.

    Aínda así, o pemento de Padrón debería ser de Padrón. Na miña opinión, se non os atopas, os do val do Ulla (Teo ou Vedra), que é a zona de producción aceptada, xunto co concello de Rois e ademais do de Padrón, ou os do Umia-Salnés (Ribadumia, Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Meis) son a mellor alternativa, xa que por tipo de solo e condicións climáticas serán os máis semellantes. Eu teño plantado pementos en Teo, cerca de Cacheiras, de plantóns comprados en Ames e cultivados e xerminados en Herbón e sairon mais que aceptables. Iso si, pouquiños.

    Os doutras zonas (como os que se cultivan nas inmediacións da Coruña), os das cercanías de Ferrol, os do Rosal ou os de fora de Galicia poden estar ben, pero non son Pementos de Padrón.

    Respuesta
  • el 05 de agosto de 2006 a las 15:31 03Sat, 05 Aug 2006 15:31:00 +000000.
    Permalink

    OS PEMENTOS DE HERBON (CONCELLO DE PADRON), SON DE HERBÓN DENDE HAI SÉCULOS, E ISO NINGUÉN O PODE POÑER EN DÚBIDA. SOMENTES A FALLA DE CAPACIDADE DOS SEUS VECIÑOS PARA POÑERSE A TIRAR DO MESMO CARRO, E TAMÉN A INCOMPETENCIA DO ALCALDE E DEMÁIS CORPORACIÓN DE PADRÓN, QUE NON SOUBERON ACADAR A DENOMINACIÓN DE ORIXE LOGO DE TER GOBERNADO ESTE CONCELLO PERANTE OS ÚLTIMOS VINTE ANOS. POR SORTE PARA OUTROS CONCELLOS OS INÚTILES NON ABONDAN ENTRE ELES. ASEMADE E BEN CERTO QUE CADA POBO TEN O QUE SE MERECE.

    Respuesta
  • el 05 de agosto de 2006 a las 15:32 03Sat, 05 Aug 2006 15:32:31 +000031.
    Permalink

    MÁIS MODERADO NON PODO SER.

    Respuesta
  • el 18 de septiembre de 2006 a las 20:34 08Mon, 18 Sep 2006 20:34:35 +000035.
    Permalink

    O nome “Pimientos de Padrón” está rexistrado por un murciano, por esos non se pode usar, de aí ven o problema.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *