Falsos pementos de Padrón

Os primeiros pementos de Padrón están xa á venda e dinme que no mercado local estanse a vender a seis euros o cento.

Volvo da compra (a menos de quince quilómetros de Padrón) e o único que atopei son pementos procedentes de Cambados, que na etiqueta indican en letra grande “pementos de Padrón”. Dos auténticos, que deberían ter algún tipo de protección, nin rastro.

¿Qué pensarían os pontevedreses se de repente toda a vieira conxelada que está por aí á venda (penso que ven de Escocia) se vendera como “vieira de Cambados?

Como non había pementos de Padrón merquei unha bulsa dos de Cambados. Declara catrocentos gramos de pementos, un total de 76 unidades. Custáronme 2,72 euros.

5 comentarios sobre “Falsos pementos de Padrón

  • Pingback: chuza.org

  • el 26 de mayo de 2006 a las 16:49 04Fri, 26 May 2006 16:49:38 +000038.
    Permalink

    Pois ti ainda tiveches sorte, que polo menos eran de Cambados. Eu vin a vender en Salamanca pementos de Padrón… de MURCIA. E o que ten de malo ler as etiquetas do que mercamos, que nos damos conta de que nos queren enganar por todas partes. Así que eu os pementos de Padrón so os como cando son da miña nai, que non é de Padrón, pero polo menos tampouco é de Murcia.

    Respuesta
  • el 27 de mayo de 2006 a las 13:49 01Sat, 27 May 2006 13:49:45 +000045.
    Permalink

    Confirmo o de Moraminha, eu tamén vin os pementos de Padrón de Murcia, pero non en Salamanca senon por eiqui, en Galiza.

    Respuesta
  • el 29 de mayo de 2006 a las 18:42 06Mon, 29 May 2006 18:42:36 +000036.
    Permalink

    Sí, sí, pues en Madrid los pimientos de Padrón son…..de Marruecos
    Flipa.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *