“Habas” e fabas

Fabas, xudías, feixóns… ¿tan difícil é distinguir unhas de outras?.

Semella que si.

Onte miraba o telexornal da TVG e unha reporteira informaba sobre os preparativos da Brilat antes do seu traslado a Afganistán.

Nun momento determinado fala do que comen os soldados. A reporteira di que entre os alimentos van “feixóns verdes con chourizo” mentres a cámara amosa unha lata etiquetada en castelán que di: “Judías con chorizo”.

Evidentemente naquela lata non había “feixóns verdes”, senón “fabas”.

Outro exemplo recente. Número seis das Guías Gastronómicas de Galicia que publica La Voz de Galicia. Na guía dedicada á Mariña (Central e Occidental) fálase das fabas que chaman de Lourenzá por moito que máis da metade da produción proceda do Valadouro, Foz, Ribadeo, etc.

No apartado “productos de la tierra” e dise que “En la localidad de Lourenzá existe uno de los productos más populares de toda A Mariña Central y, quizás, de todos los mercados de la Península: las habas”.

En Lourenzá e na Mariña se hai “habas” han ser de bote. Alí o que se produce, cunha calidade espléndidas son as “alubias”, “judías blancas” ou como lle queiran chamar en castelán. O produto que en castelán se chama “haba” (Vicia faba) non está sequera emparentado co que nos chamamos “fabas” (Phaseolus vulgaris).

Máis diferenzas: a Vicia faba é orixinaria do Mediterráneo oriental e xa se consumían no Exipto dos faraóns, inda que so eran alimento dos máis pobres.

As Phaseolus vulgaris son orixinarias de América, e chegaron a Europa no século XVI. Ao comezo eran tan escasas en Europa que so os ricos tiñan acceso ás mesmas.

CONCLUSIÓN: a tradución literal pódenos levar a dicir e escribir grandes parvadas.

5 comentarios sobre ““Habas” e fabas

  • Pingback: chuza.org

  • el 20 de mayo de 2006 a las 00:51 12Sat, 20 May 2006 00:51:33 +000033.
    Permalink

    Polo Incio chamámoslles “fréxoles” ós coñecidos noutros lugares como “feixóns verdes” (en castelán “judías verdes”). Fabas son as que se deixan madurar e hainas de moitas razas: brancas (boas para o caldo), pintas, fabas lobas, etc.

    Respuesta
  • el 20 de mayo de 2006 a las 03:34 03Sat, 20 May 2006 03:34:19 +000019.
    Permalink

    esta ben que expliques estas cousas que a xente non o ten claro e eu incluome no lote.

    Respuesta
  • el 20 de mayo de 2006 a las 15:51 03Sat, 20 May 2006 15:51:52 +000052.
    Permalink

    Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:

    Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.

    Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).

    Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.

    Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
    Para calquera cousa: resaka06@gmail.com

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *