Guías gastronómicas de La Voz de Galicia

www.lavoz.es

Foto: www.lavoz.es

Regreso da presentación das “Guías Gastronómicas de Galicia”, que La Voz de Galicia comezará a distribuír o próximo domingo 23 de abril, para recomendar a tódolos interesados no mundo culinario galego que non deixen pasar a oportunidade de facerse con elas.

O número 1, que teño ante min, trata da cociña de Santiago e a zona do Sar, cun bo número de receitas tradicionais e outras de autor, neste caso de Chef Rivera e Marcelo Tejedor.

A presentación é espléndida e non menos espléndidas as fotos. En realidade non se trata dunha guía gastronómica, senón de auténticos libros de cociña, por moito que as últimas páxinas se dediquen a relacionar os principais restaurantes da zona tratada.

Por tres euros (polo menos ese prezo anuncia o xornal para o primeiro día) son un verdadeiro regalo.

Chatas: non teño moi claro que todo o que está no apartado de cociña tradicional sexa verdadeiramente tradicional. Si teño claro que os pementos de Padrón sempre se salgaron con sal gorda. Non teño claro onde mercar en Galicia o sal maldon que recomendan na guía para este uso.

Máis chatas: a colección está exclusivamente en castelán, inda que con algún detalle lusista, como a afirmación de que Toñi Vicente naceu en Tominho (O Baixo Minho).

Malia todo, a colección vai merecer a pena con toda seguridade. Mágoa que sexa obra dunha editorial barcelonesa (Ciro ediciones).

4 comentarios sobre “Guías gastronómicas de La Voz de Galicia

  • Pingback: chuza.org

  • el 18 de abril de 2006 a las 12:24 12Tue, 18 Apr 2006 12:24:05 +000005.
    Permalink

    ¿Outra guía da Voz en castelán? Xa lle poden dar!!!
    Eu hai tempo que que renunciei a comprar a Voz de Galicia polo tratamento informativo. ¡Canto cambiou dende os tempos do Prestige!
    Agora fai moi lindas coleccións subvencionadas con cartos públicos. Eu non penso comprar ningunha que non estea no meu idioma ¡xa está ben!

    Respuesta
  • el 05 de junio de 2006 a las 15:05 03Mon, 05 Jun 2006 15:05:19 +000019.
    Permalink

    Agradecimientos desde el Restaurante “A Pitanza” de Pontedeume
    puesto que tras permanecer en la Guía Campsa por dos años consecutivos,llevar trabajando desde Junio de 2004, con una buena regularidad y un buen nivel, aun no tengamos el sufiente prestigio para
    que ustedes, solo nos incluyan en una guía de tapeo ( cuando funcionamos basicamente como restaurante) y ni siquiera nos mencionen
    en la guía que acaban de publicar sobre la gastronomía de las comarcas del Eume y Betanzos.

    De nuevo MUCHAS GRACIAS

    Respuesta
  • el 05 de junio de 2006 a las 15:42 03Mon, 05 Jun 2006 15:42:45 +000045.
    Permalink

    Entendo que a crítica de Carlos Requeiro vai dirixida cara La Voz de Galicia, xa que Colineta nada ten que ver coas Guías Gastronómicas de dito xornal nin coa guía sobre a gastronomía das comarcas do Eume e Betanzos que cita.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *