Carrillera de ibérico, mellor tapa por votación popular

No concurso de tapas Ribadeo de Tapeo celebrado nesta vila lucense faltaba coñecer a tapa premiada pola votación popular, que correspondeu á “carrillera de ibérico con patacas panadeira” do PizzBur, que se suma aos premios concedidos polo xurado.

Segundo os xornais, os dezaseis establecementos participantes no concurso venderon, nunha semana, arredor de 12.000 tapas, que é unha cifra moi respetable para unha vila como Ribadeo. O ano próximo haberá novo concurso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *