Transmutación

Un xa non trasnoita, así que hai tempo non paro de madrugada no Galicia, en Santiago de Compostela, que sempre foi parada obrigada antes de ir á cama, para matar o bicho cun bocadillo de xamón asado ou unha ración de polo. Os máis ousados atrevíanse ata cun chocolate con churros, que lonxe de amañar o estómago acaba de estropealo de todo. O ideal para rematar unha noite de farra sempre foi un bo prato de sopas de allo, que xa so se ofrecen en noitevella e non en todas partes.

O caso é que vou ao Galicia a tomar un café matinal e dame un patatús coa transformación obrada nel. Un verdadeira transmutación. Case debería de escribir un auténtico travestismo.

O rótulo do Galicia segue na fachada, pero na moderna vidrieria-escaparate pódese ler: Nino’s pizza. Detrás do cristal, á vista dos viandantes, o forno, a mesa de traballo do pizzeiro, e os recipientes de plástico onde se sitúan os ingredientes das futuras pizzas.

¡Cómo cambiou o conto!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *