As crónicas do sochantre

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE

Álvaro Cunqueiro. 1956

Adeprendéu, pois, Charles Anne bombardino e danza e uns escrúpulos de latín, e como das comidas da artilleira –caséque sempre garabanzos, arvellas e fabas coloradas con touciño, legumas todas estas ás que a cociñeira de cañón chamaba balotes- seguíralle engordando e trougándoselle a voz, cando vacóu a sochantría con menores de Pontivy, apresentárono pra ela os seus primos segundos, os señores almirantes de Tréboul.

Tódalas mañás era esta festa. O señor sochantre facñia uns maitís de ovosw revoltos e media botelliña de Chinon, regoldaba por consello de médico, cacarexaba un pouco por ver como iba de solfeo, vestía casaca, envolvíase no manteo, e coa caixa do bombardino na man corría por chegar a tempo ao coro dos racioeiros de San Maclou.

Cando rematase o enterro en Quelven, el subiría ao alto a coñecer a súa pumariña, a contar os mazaeiros e pra Ascensión del Señor, que era de tabla que toquese no Calvario, levaría unha tortilla de herbas e unha botelliña de tinto e faría o almorzo sob as ponlas frolidas do seu pumar famoso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *