Mazás graxentas

En febreiro o mar levaba ata a praia de Doniños, en Ferrol, un cargamento de “apple chips”, é dicir, lascas de mazá fritas a semellanza das patacas.

Entón, grazas a “As crónicas prusianas” sabíamos que se trataba dun produto elaborado en China. Agora atopo estes chips, da marca “Veg’s” (grupo Rio) no Carrefour de Pontevedra. Un paquete de 100 gramos custa arredor de 1,60 euros.

O produto sabe ao que agardamos que saiba: mazá. Moi lixeiramente dóce e por veces cun chisco da acidez natural da froita con que están feitos. O máis sorprendente é a textura: tacto aterciopelado na boca, algo renxente e moi lixeiro, inda que deixa unha sensación como de manteiga na lingua. Miro a composición: mazá, aceite vexetal, xarope de glicosa e aroma. Os fabricantes indican que as mazás fritense a baixa temperatura para obter un produto duradeiro. O peor do conto é que asegura a etiqueta, como se dun gran avance se tratara, que os chips “so” conteñen un 27 por cento de graxa. Dunha graxa que non identifican, polo que podemos supoñer que será aceite de palma, coco, ou semellante, que son unha auténtica bomba para as nosas arterias. Merece a pena probar os chips de mazá, pero non debe ser moi saudable abusar deles.

Un comentario sobre “Mazás graxentas

  • el 25 de marzo de 2006 a las 15:53 03Sat, 25 Mar 2006 15:53:00 +000000.
    Permalink

    Mais comida artificial para o corpo !. Nos EEUU mirase de todo preparado e cunha listaxe de ingrediente que da medo. Asi aqui estan gordos e con mala saude.
    Un saudo.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *