Sapos, sapillos, chulas e repápalos

Hai exactamente hoxe un ano escribía sobre as chulas de pan da Mariña de Lugo, e uns días despois sobre a coincidencia entre estas chulas e os repápalos andaluces e estremeños.Volvo sobre o asunto xa que atopo máis información sobre o tema, posto que en Estremadura tamén son propios os “repápalos de leche”, exactamente iguais que as chulas mariñáns.

Doutra banda, no sur de Galicia, concretamente na zona da Limia, cocíñase unha sobremesa propia do tempo de Antroido moi semellante ás chulas da mariña, pero coa diferenza de que na súa composición entre a cervexa. Esta sobremesa leva o nome de “sapo”. E miren por onde, tamén en Estremadura fan unha sobremesa semellante, pero esta vez baixo o nome de “sapillos”. Son propios da zona do Jerte e Campo Arañuelo, onde se consumen fundamentalmente pola Semana Santa. Ao final, “sapillos” e “repápalos” son a mesma cousa. A mesma preparación serve tamén en Estremadura para preparar un primeiro prato chamado “sopa de sapillos”.

Un comentario sobre “Sapos, sapillos, chulas e repápalos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *