Alertan da presencia de mercurio no peixe

Ilustración: Xaime AsensiDe Estados Unidos chegan novas preocupantes sobre o contido de mercurio nos peixes. Segundo leo no xornal, Greenpeace e GotMercury recolleron mostras de sushi en restaurantes de Los Ángeles e Santa Mónica, en California, atopándose con que o contido de mercurio dos mesmos dobraba o máximo recomendado polas autoridades sanitarias.

A situación semella preocupante. Tanto que a Food and Drug Administration dos Estados Unidos recomenda a mulleres embarazada e nenos no consumir quenlla, peixe espada e cabala polo seu alto contido en mercurio, e prevén contra un consumo abusivo de atún fresco ou enlatado.

Os interesados non deben deixar de visitar a web de GotMercury, onde atoparán información detallada e ata un contador de mercurio, onde poden comprobar a inxesta do mesmo en función do peso e da cantidade de peixe consumido. O contador inclúe unha lista de peixes e mariscos nos que faltan algúns dos máis consumidos en Galicia, pero non deixa de resultar curioso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *