¿Que te parece, che?

Como cambian los tiempos Venancio ¿que te parece?”, cantaba ese marabilloso grupo de vellos cubanos que compoñían La Vieja Trova Santiaguera, xa disolta polos problemas de saúde de boa parte dos seus membros.

E para os xubilados galegos de Bos Aires, como para o resto da colonia galega naquela cidade irmá, os tempos tamén están a cambiar.

Recibiron a visita do presidente da Xunta de Galicia, que dalgunha maneira tamén é o seu presidente e, como sempre aconteceu nestas viaxes, houbo comida multitudinaria.

Desta volta cambiou o menú. Antes sempre había empanada, polbo e carne ao caldeiro. Leo no Diario de Pontevedra unha crónica de Mónica Sequeiro que di que este ano o menú estivo composto do tradicional entremés (ensaladilla e friames) e un segundo de peituga de polo.

Nada dí de sobremesas e viños. Si nos da o prezo do menú: tres pesos, que equivalen a menos de un euro.

¿Que che parece, Venancio?. Ao PP non lle pareceu ben. Din que con Fraga a comida era gratis.

Un comentario sobre “¿Que te parece, che?

  • el 14 de marzo de 2006 a las 01:10 01Tue, 14 Mar 2006 01:10:35 +000035.
    Permalink

    pois penso que non tiveron muito tino:

    – a empanada, o polbo e demais paparotadas patrias serán unha folclorada, pero cando hai anos que non voltas á terra, a morriña ataca e non hai comparanza cunha peituga de polo (sería de Coren?).
    – andar a cobrar, anque fora un prezo simbólico é de non saber tratar coa terceira idade. Había de ser os cartos mellor investidos.

    que tiña de malo a empanada e o polbo? É o xeito máis básico de facer país. A peituga pódena mercar e comer aló. É como cando Os Satélites foran de xira polas Américas. Comezaran tocando salsas, boleros, etc. Pero non tiñan éxito. Conseguírono cos pasodobres, etc (a anécdota non sei certo se é cos Satélites, pero era algo semellante).

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *