Queixo en conserva

“Queco”. Así se chama o queixo en lata que se presentará en sociedade na próxima edición da feira Alimentaria, a celebrar en Barcelona a partir do 6 de marzo, inda que parece que xa se está a vender en varias comunidades autónomas. Trátase dun invento galego, que garante a conservación do produto durante máis de dous anos.O queixo comercializao a empresa viguesa Senga, cun web que non vai.

Se preguntan aos responsables das fábricas de conservas galegas sobre os alimentos que enlatan nas mesmas para uso propio ou dos directivos das respectivas firmas, verán a enorme variedade de conservas en lata que produce Galicia e que non están no mercado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *