Festa do xabarín

En Cerdedo (Pontevedra) teñen un problema: a superpoboación de xabarís nos seus montes, que causan graves danos nos cultivos da zona.

O problema de moitos ten a parte positiva para os cazadores da zona, que teñen abondas posibilidades de exercitar a súa afección.Semella que en Cerdedo buscan sempre a parte boa das cousas e o seu problema vai converterse nunha festa para todos: a Festa do Xabalí, que terá lugar os días 29 e 30 de abril. Polo momento xa hai 17 xabarís conxelados para esta festa.Cerdedo celebra tamén a Festa da Vincha, coa que tentan recuperar esta sobremesa típica da zona e do tempo de antroido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *