Café con canela

Acabo de preparar café. A min gústame forte e cortiño, como se toma na miña Cuba natal, en Portugal, Brasil e nalgúns bares e cafeterías galegos.Para a miña muller, colombiana, hai que facelo lixeiro e longo, como alí é típico: un tinto.Pero de cando en vez poñémonos de acordo na maneira de preparar o café: ao estilo mexicano, é dicir, con canela. Resulta delicioso.

Basta con poñer un chisco de canela en po co café moído e preparalo como cada un teña por costume.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *