Sopas de allo na madrugada

Os xornais levan días cheos de anuncios de ceas e festas de fin de ano, con menús do máis diverso, bailes, cotillóns, barras libres… e chocolate con churros.Afortunadamente aínda quedan sitio onde conservan o vello costume de servir de madrugada sopas de allo para entonar o estómago. Despois dunha noite de farra non hai nada mellor que unha cunca delas para entonar o corpo e dispoñelo para o descanso. Pola contra, a pelexa do chocolate cos churros na nosa barriga vainos facer imposible un sono tranquilo e placenteiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *