Cita-comida a cegas

Anil Gambhir é natural de Nueva Delhi, capital da India, pero dende hai anos reside na Coruña. Cousas do amor.

E na Coruña Anil rexenta dous restaurantes étnicos: o Istambul, na avenida de Rubine, e o restaurante Da India, na rúa Puerto Rico. Os nomes xa indican por onde van os tiros.

No seu restaurante indio Anil ten organizado cursiños para coñecer máis de preto a cociña do seu país, e agora está a organizar o que poderíamos chamar “comidas a cegas”, xuntando na mesma mesa a xente descoñecida. No xornal anuncia que xa van tres parellas formadas nestas comidas.

Tamén anuncia comidas e ceas de empresa con danza do ventre. Unha opción interesante para os banquetes de compañeiros e amigos que tanto se prodigan nestas festas.

Da India ten unha páxina web, non moi atractiva, pero na que poderemos saber algo máis sobre as especialidades que se nos ofrecen. Ollo con todo o que leve o apelido “vindaloo”, porque máis que picante é expl

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *