O mércores probaremos o tostado do Ribeiro

A colleita do 2004 Tostado de Costeira, o viño tostado recuperado pola cooperativa do Ribeiro, estará á venda o próximo mércores, 14 de decembro, segundo anuncia hoxe a empresa. Sarán ao mercado 3.900 botellas, que se poden reservar no Club Costeira. Tres botellas de medio litro costarán 63 euros, transporte incluído. As primeiras reservas recibirán como agasallo unha botella experimental da vendima de 2003.Doutra banda, o viño escumoso de Valdeorras, venderase a partir do venres 16, contando cun total de 3.000 botellas, baixo a marca Danza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *