Chega o viño novo

Quen mañá chegue a París ou case a calquera lugar de Francia atoparase con multitude de carteis, especialmente nos bares e restaurantes, que na nada teñen que ver cos disturbios que o país está a sufrir actualmente.

Ditos carteis indican que “Le Beaujolais nouveau est arrivè”, que anuncian a presenza do primeiro viño novo que se pon á venda en Francia, procedente da zona de Beaujolais. Este ano, o viño sairá á rúa as 00:00 horas do 17 de novembro, é dicir, ás doce da noite de hoxe. Todo un acontecemento nun país como Francia que reverencia ao viño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *