Codillo

Celebrouse estes días a festa do “codillo” nunha localidade de Pontevedra.

Escoito na radio que todo naceu dunha conversa entre os organizadores e unha amiga residente en Alemaña. “Alí cómese moito o “codillo”, dixo esta. “Pois do “codillo” facemos aquí a festa”, dixeron os outros, e quedaron tan panchos. Levan oito anos, xa lles falta pouco para converter o tal “codillo” en tipicamente galego de toda a vida.

Agora non consigo lembrar se nalgún lugar de Galicia se celebra a festa do lacón con grelos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *