Compota

Galicia enchese estes días de froita (mazas, peras, figos, amoras) que acaban podrecendo no chan porque ninguén as recolle xa. Temos a froita na horta pero mercámola no supermercado.

Parte da provincia de Lugo e a excepción, no que ten que ver coas mazas, xa que as recollen os fabricantes de sidra asturianos. Para este uso valen todas as mazas, verdes, maduras ou pasadas, as que están na arbore e as que caeron ao chan.

Hai cinco anos puxen no meu xardín unha pereira. Eu quería peras urracas e urraca me dixeron que era a arbore, pero non foi así e as peras que da parécense as urracas na pinta, pero nada mais. O caso e que para comer frescas non valen moito, así que busquei unha alternativa e atopeina nun uso tradicional en Galicia: a compota.

Poño as peras peladas e sen carozo, cortadas en cuartos, nunha cazola e cúbroas de viño (branco, clarete ou tinto, ao gusto), agrego azucre e un pau de canela e a cocer ata que as peras abrandan. Hai que ser xeneroso co viño, para que coas peras quede bastante caldo.

Non se preocupen polo alcohol, que desaparece coa cocción.
A mesma receita pódese empregar coas mazas. A compota comese ao gusto: quente, morna ou fría.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *