Bolas de sartén e pan sueco

Unha franquía de tendas de bocadillos ofrece agora unha nova especialidade con pan sueco. Eu nunca probei o pan sueco, pero polas fotografías dos bocadillos semella as antigas bolas de sartén que tantas veces se cociñaron en Galicia.

Estas bolas, que non son mais que masa de pan fritida na tixola, cociñábanse cando na casa se acabara o pan e non había tempo de cocer nin de conseguilo doutra maneira. Entón, como solución provisional, facíanse as bolas de sarten.Amasase fariña con auga, un chisco de sal e levadura de panadería (pódese mercar en moitas panaderías e despachos de pan). deixase levedar e de seguido cóllense pequenas bolas de masa e estendese cun rolo ou coas mans formando un circulo de medio dedo de gordo e menos dunha cuarta de diámetro. De seguido frítese esta torta nunha tixola con algo de aceite… E a mesa.

Hai quen, metido en fariñas, coloca na masa de cada bola uns anacos de touciño, chourizo ou xamón.
O resultado e moi saboroso en calquera caso. O meu rapaz fíxenllas unha vez e agora non para de pedir aquel pan tan rico, ata para o bocadillo da merenda

3 comentarios sobre “Bolas de sartén e pan sueco

  • el 15 de febrero de 2007 a las 19:26 07Thu, 15 Feb 2007 19:26:12 +000012.
    Permalink

    Gracias andaba a procura desta receta que facía a miña aboa.Eu son da Coruña dun pobo que se chama Miño hoxe arruinado po la expecula ción urbanística.Vivo en Pontevedra e aquí non se conocen as bolas

    Respuesta
  • el 24 de junio de 2007 a las 19:17 07Sun, 24 Jun 2007 19:17:32 +000032.
    Permalink

    si, eu son de pontedeume e tamen se facian bolas da sarten en esteiro ,pequena aldea eumesa

    Respuesta
  • el 01 de enero de 2013 a las 22:53 10Tue, 01 Jan 2013 22:53:23 +000023.
    Permalink

    Por fin encontrei a receta do que facía miña nai cando era pequena en San Sadurniño .Están moi boas as bolas na sartén.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *