Traballos de todo o ano

MANUEL MARA

(En Terra Cha, 1954)
A esfenda e a demouca en Febreiro.
Btanse as patacas en Marzo raioleiro
e semntase tamen trigo marceiro.Btase o millo da xente por Abril
cando o cuco sau do seu cubil,
e Maio longo estar sachado il.

Polos das grandes do San Xoan
cllese a nabia, o lume novo fan;
mrcanse as foucias para segar o pan.

No mes da Sega o sol pica moi duro,
segar o pan, o trigo est maduro;
mes de moito traballar e moito apuro.

Estamos no Agosto: a malla e a gadaa
que quere pouca forza e moita maa;
hai que botar os nabos, se barbaa.

O de Setembro o mes de San Miguel:
apaa patacas, non hai mes como el;
tempo de ver se os trobos teen mel.

No Outono hai que ir San Froiln:
mozos, homes, vellos, nenos, todos van
e voltan de presa para outonar o pan.

No San Martio ollo porcos cebados,
os magostos, os caps arrombados
e abrir regos en lameiros e prados.

O tempo de Nadal fro e ventureiro.
Noiteboa. Se hai la no unlleiro
chegarn os Reises a entrada de Xaneiro!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *