A calidade e o prezo
VivÃn 18 anos en Madrid e coñezo o que o madrileño medio sabe de Galicia: un paÃs no que chove de seguido e no que resulta incómodo camiñar polas beirarrúas, non polo estreito das mesmas ou polo seu mal deseño ou construción, senón porque as nécoras e centolas, que andan soltas polas mesmas, non deixan sitio onde poñer os pes.
Asà que a parella entra no Pasaje, para min un dos mellores restaurantes de Compostela en materia de peixes e carnes, e pide ameixas das boas, e cigalas das grandes e albariño de calidade, que alà do fulero non hai. Cando chega a conta (138 euros para dúas persoas) chegan tamén as lamentacións e as protestas. Non saben que hoxe mesmo na lonxa do Muro, na Coruña, as cigalas chegaron a cotizarse a 100 euros o quilo, prezo ao que hai que engadir o transporte ata Santiago, a preparación, os custes do restaurante e os xustos beneficios duns e outros.
Que a conta sexa alta e non estea ao alcance de calquera peto non significa que o servizo fora caro. A calidade, en Galicia, págase. O mesmo que en Madrid.